Célula alfa
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f0/Langerhanssche_Insel.jpg/220px-Langerhanssche_Insel.jpg)
As células alfa (células
Características
[editar | editar a fonte]En roedores, as células alfa están localizadas na periferia dos illotes pancreáticos, pero en humanos, a arquitectura dos illotes está xeralmente menos organizada e, aínda que predominan na periferia, poden observarse frecuentemente dentro dos illotes tamén.[2] Cando se ollan utilizando un microscopio electrónico, as células alfa poden identificarse pola posesión duns gránulos característicos cunha parte central densa grande e un halo branco pequeno.[2] O citoplasma das células alfa contén algunhas cisternas de retículo endoplasmático e un aparato de Golgi adxacente xustanuclear con gránulos secretorios nacentes.[2]
Función
[editar | editar a fonte]As células alfa segregan a hormona glicagón. Esta hormona, para elevar os niveis de glicosa, únese a receptores situados nos hepatocitos (células hepáticas) e nalgunhas outras células (por exemplo, células renais). Isto activa un encima, a glicóxeno fosforilase, que se encontra dentro do hepatocito para hidrolizar o polisacárido glicóxeno dando glicosa. Este proceso denomínase glicoxenólise.
As células alfa tamén xeran o GLP-1 (péptido similar ao glicagón 1) e poden ter un efecto protector e rexenerador sobre as células beta. Posiblemente poden transdiferenciarse en células beta para substituír as células beta que se perden.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kerr, J B (2000). Atlas of functional histology. Uk: Mosby. p. 309. ISBN 0-7234-3072-1.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 D. W. Fawcett. Tratado de Histología (11ª ed.). Interamericana-McGraw-Hill. p. 727 e 729.
- ↑ Stanojevic, Violeta; Habener, Joel F. (2015-10-08). "Evolving Function and Potential of Pancreatic Alpha Cells". Best Practice & Research. Clinical Endocrinology & Metabolism 29 (6): 859–871. ISSN 1521-690X. PMC 4690008. PMID 26696515. doi:10.1016/j.beem.2015.10.002.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Glicagonoma, un tumor de células alfa
- Célula beta
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Quesada, Ivan; Tudurí, Eva; Ripoll, Cristina; Nadal, Ángel (2008-10-01). "Physiology of the pancreatic
α -cell and glucagon secretion: role in glucose homeostasis and diabetes". Journal of Endocrinology (en inglés) 199 (1): 5–19. ISSN 0022-0795. PMID 18669612. doi:10.1677/JOE-08-0290.
![]() |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |