(Translated by https://www.hiragana.jp/)
CNBC Asia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

CNBC Asia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CNBC Asia
Inicio das emisións 1 de xaneiro de 1994
Operado por CNBC
Propiedade de NBC Universal
País Singapur
Lingua Inglés
Área de emisión Asia, Oceanía
Nome(s) anterior(es) CNBC Asia Business News (entre xaneiro e xuño de 1998)
Canle que substitúe Asia Business News (en 1998)
Canle/s irmá(s) NBC Asia
CNBC Asia
CNBC Europe
Dispoñibilidade
Satélite
Malaisia Astro Canle 518
Tailandia TrueVisions Canle 73
Australia Australia Foxtel Digital Canlel 652
Filipinas Dream Satellite TV Canle 30
Indonesia Indovision Canle 337
Hot Bird 11127 v SR 27500
Nova Caledonia Nova Caledonia SKY Network Television Canle 095
Cable
Singapur StarHub TV Canle707
Australia Australia Foxtel Digital Canle 652
Australia Australia Optus TV Canle 652
Australia Australia Neighbourhood Cable Canle 48
Australia Australia TransACT Canle 13
Filipinas SkyCable Canle 111
Filipinas Global Destiny Cable Canle 25
Tailandia TrueVisions Canle 73
Nova Caledonia Nova Caledonia TelstraClear InHomeTV Canle 95
Indonesia First Media Canle 238
IPTV
Taiwán Chunghwa Telecom MOD Canle 78
Hong Kong Now TV Canle 319
Filipinas PLDT My DSL (Watchpad) Canle 1002

Na rede
CNBC Asia

CNBC Asia é unha canle de información financeira filial da NBC Universal, constitúe o servizo para Asia e Oceanía da Consumer News and Business Channel (CNBC). Os seus programas preséntanse desde Singapur e Sidney e conta con oficinas en Toquio e Hong Kong.

A canle lanzouse o 1 de xaneiro de 1994 como canle irmá da NBC Asia e con sede en Hong Kong, durante os primeiros anos tiña poucos programas orixinais, ou ben eran versións dos da CNBC, como The Money Wheel ou eran directamente programas da CNBC ou CNBC Europe en directo ou en redifusión. O 1 de xuño de 1997 a NBC e Dow Jones & Company anunciaron a fusión das súas canles de noticias financeiras, o que resultou na unión en febreiro de 1998 da CNBC Asia con Asia Business News (ABN) con sede en Singapur co nome de CNBC Asia Business News pero aos poucos meses volveu ao nome de CNBC Asia. A canle resultado da fusión tiña unha maioría de programas e persoal procedente da ABN. En 1998 engadiu á súa programación CNBC Sports nas tardes das fins de semana e episodios de The Tonight Show with Jay Leno e Late Night with Conan O'Brien e estableceu programas rexionais. O 31 de decembro de 2005 a NBC volveu a controlar totalmente a canle. Parte da súa programación emítea en directo a CNBC World e algún programa tamén pola madrugada na CNBC Europe.