Cabalo salvaxe
Cabalo salvaxe | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cabalo de Przewalski | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Equus ferus' Boddaert, 1785 | |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
O cabalo salvaxe (Equus ferus) é unha especie do genus Equus, que inclúe ás subespecies do cabalo doméstico e as non domésticas tarpán e cabalo de Przewalski. O tarpán extinguise no século XIX, pero o cabalo de Przewalski foi salvado e reintroducido satisfactoriamente en liberdade. O posible antergo do cabalo doméstico foi o tarpán, que vivía nas estepas de Eurasia no tempo da domesticación.[2][3] Porén, outras subespecies de Equus ferus puideron ter existido o antergo do que descenden os cabalos domésticos.[4] Dende a extinción do tarpán, realizáronse numerosos intentos de reconstruír o fenotipo, dando as razas de cabalos Konik e o cabalo de Heck. Estas razas de cabalo non son consideradas cabalos salvaxes xa que proveñen substancialmente de cabalos domésticos.
O termo "cabalo salvaxe" é usado coloquialmente para referirse ás manda de cabalo silvestre como os Mustang dos Estados Unidos ou os Brumby de Australia. Estes cabalos silvestres son membros indómitos da subespecie cabalo doméstico (Equus ferus caballus), e non deben ser confundidos coas dúas subespecies de cabalos verdadeiramente "salvaxes".
Subespecies
[editar | editar a fonte]E. ferus tivo numerosas subespecies. Só tres sobreviviron ata tempos modernos:[5]
- O cabalo doméstico (Equus ferus caballus).
- O tarpán ou "cabalo salvaxe euroasiático" (Equus ferus ferus), outrora nativo de Europa e o leste de Asia. O tarpán extinguise en liberdade no século XIX, e o derradeiro exemplar morreu en catividade nun zoo de Ucraína en 1909.
- O cabalo de Przewalski (Equus ferus przewalskii), tamén coñecido como "cabalo salvaxe mongol" ou "Takhi", é orixinario de Asia central e o Deserto do Gobi.
O dous últimos son os dous únicos grupos que nunca foron domesticados.[4] Porén, outras subespecies de Equus ferus poden ter existido e ser o antergo dos cabalos domésticos.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boyd, L. & King, S. R. B. (2011). "Equus ferus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2011.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 18 de xaneiro de 2012.
- ↑ "The First Horses: The Przewalskii and Tarpan Horses". The legacy of the horse. International Museum of the Horse. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2007. Consultado o 2009-02-18.
- ↑ Bowling, Ann T.; Anatoly Ruvinsky (2000). "Genetic Aspects of Domestication, Breeds and Their Origin". En Ann T. Bowling, Anatoly Ruvinsky. The Genetics of the Horse. CABI Publishing. ISBN 978-0-85199-429-1.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Colin Groves, 1986, "The taxonomy, distribution, and adaptations of recent Equids," In Richard H. Meadow and Hans-Peter Uerpmann, eds., Equids in the Ancient World, volume I, pp. 11-65, Wiesbaden: Ludwig Reichert Verlag.
- ↑ Don E. Wilson & DeeAnn M. Reeder, ed. (2005). "Equus caballus". Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2012. Consultado o 01 de xuño de 2013.