Cabo Trafalgar
(es) Cabo Trafalgar | ||||
Tipo | cabo promontorio | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Barbate, España | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Características | ||||
Altitude | 1 m | |||
ES46 Natura 2000 (en) | ||||
O cabo de Trafalgar (do árabe: رأس الطرف الأغرّ Taraf al Ghar, o cabo da cova[1][2]) é un cabo español pertencente ao termo municipal de Barbate, situado na costa atlántica da provincia de Cádiz, en Andalucía.
Trátase dun pequeno illote situado entre as enseadas de Conil e Barbate unido ao continente por un dobre tómbolo de area, que se considera o extremo noroccidental do estreito de Xibraltar. Nel hai un faro e restos arqueolóxicos dunha factoría romana de salgaduras e dun asentamento hispano-musulmán.
Nas súas inmediacións tivo lugar o 21 de outubro de 1805 a soada batalla de Trafalgar, na que a escuadra franco-española foi derrotada pola inglesa ao mando do almirante Nelson.
Forma parte da Rede de Espazos Naturais Protexidos de Andalucía (RENPA), coa categoría de monumento natural e baixo o nome de Tómbolo de Trafalgar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Véxase a páxina persoal de HERRERO INGELMO, José Luis. Profesor do Departamento de Lingua Española. Facultade de Filoloxía da Universidade de Salamanca. Arquivado 15 de decembro de 2004 en Wayback Machine.
- ↑ Véxase a definición de algar no DRAE
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cabo Trafalgar |
- Monumento Natural Tómbolo de Trafalgar Arquivado 18 de novembro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
- Cabo Trafalgar Cádiz Turismo (en castelán)