Canyon (satélites artificiais)
Canyon foi unha serie de satélites artificiais adicados á espionaxe electrónica. Foi a primeira serie de satélites da Oficina Nacional de Recoñecemento dos Estados Unidos de recoñecemento electrónico e órbita case xeoestacionaria. Foron lanzados baixo a denominación AFP-827 e Programa 7500. A finalidade principal dos satélites Canyon era interceptar comunicacións soviéticas, en particular ligazóns de microondas na liña de visión dos satélites, pero tamén transmisións en VHF.
O contratista principal dos satélites foi Lockheed. Suponse que usaban antenas de ata 10 m de diámetro e que estaban estabilizados nos tres eixos. Lanzáronse un total de sete satélites Canyon mediante foguetes Atlas-Agena D, seis deles chegando a órbita sen problemas e un perdido durante o lanzamento. Os tres primeiros sufriron distintos grados de problemas durante a súa operación, mentres que os tres últimos funcionaron sen problemas e cumprindo cos seus obxectivos.
Foron sucedidos pola serie de satélites Chalet.
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Satélite | Data | Sitio de lanzamento | Foguete | Resultado | Notas |
---|---|---|---|---|---|
Canyon | 6 de agosto de 1968 | Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13 | Atlas-Agena D | Éxito | Primeiro lanzamento dun Canyon. |
Canyon | 13 de abril de 1969 | Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13 | Atlas-Agena D | Éxito | |
Canyon | 1 de setembro de 1970 | Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13 | Atlas-Agena D | Éxito | |
Canyon | 4 de decembro de 1971 | Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13 | Atlas-Agena D | Fallo | Fallo da primeira etapa. |
Canyon | 20 de decembro de 1971 | Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13 | Atlas-Agena D | Éxito | |
Canyon | 18 de xuño de 1975 | Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13 | Atlas-Agena D | Éxito | |
Canyon | 23 de maio de 1977 | Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 13 | Atlas-Agena D | Éxito | Último lanzamento dun Canyon. |
Notas
[editar | editar a fonte]- Mark Wade (2018). "Canyon" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2018.
- Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Canyon 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 (AFP-827)" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2018.