Capitados
Capitados Capitata | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Millepora dichotoma, unha especie de milepórido do mar Vermello | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Familias | |||||||||||||
|
A dos capitados (Capitata) é unha suborde de cnidarios hidrozoos, unha das tres comprendidas na orde dos antoatecados.[1][2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A suborde foi descrita en 1913 polo zoólogo alemán Alfred Kühn.[1][2]
Familias
[editar | editar a fonte]Na actualidade (2020) recoñécense na suborde as seguintes familias:[1][2]
- Asyncorynidae Kramp, 1949
- Cladocorynidae Allman, 1872
- Cladonematidae Gegenbaur, 1857
- Corynidae Johnston, 1836
- Halimedusidae Arai & Brinckmann-Voss, 1980
- Hydrocorynidae Rees, 1957
- Milleporidae Fleming, 1828
- Moerisiidae Poche, 1914
- Pennariidae McCrady, 1859
- Porpitidae Goldfuss, 1818
- Pseudosolanderiidae Bouillon & Gravier-Bonnet, 1988
- Rosalindidae Bouillon, 1985
- Solanderiidae Marshall, 1892
- Sphaerocorynidae Prévot, 1959
- Teissieridae Bouillon, 1978
- Tricyclusidae Kramp, 1949
- Zancleidae Russell, 1953
- Zancleopsidae Bouillon, 1978
Características
[editar | editar a fonte]A maioría das especies son formas coloniais que segregan unha estrutura ramificada común sobre a que se implantan os pólipos. Nestas colonias existe unha división funcional entre os pólipos que integran a colonia: algúns teñen funcións alimentarias, e son coñecidos como gastrozoides; outros son defensivos, os dactilozoides, erizados de cnidocitos; e outros, os activos reprodutivamente, son os denominados gonozoides.
Os caracteres diagnósticos do grupo son:[3]
- a presenza de gónadas rodeando completamente o manubrio das medusas;
- boca simple e circular;
- tentáculos marxinais normalmente ocos;
- cnidocitos das medusas caracterizados pola presenza de estenoteles (grandes nematocistos penetrantes dun nematocito);
- reprodución sexual con produción de larvas plánulas ou actínulas;
- plánulas con dous tipos de células embrionarias glandulares: escumosas e esféricas;
- pólopos normalmente con tentáculos capitados, tanto nos adultos como na fase larvaria;
- gonóporos xeralmente no corpo do pólipo.
Habitan tanto en augas salgadas, como salobres ou doces.
O seu rango de profundidade é entre 1,55 e 7,632 m, e o seu rango de temperatura entre -1,54 e 28,87 °C.[4]
A distribución xeográfica dos representantes do grupo inclúe todos os océanos ye latitudes, desde augas polares a tropicais.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Capitata Kühn, 1913 no WoRMS. Consultada o 30 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Capitata Kühn, 1913 no ITIS.
- ↑ Bouillon, J. & Boero, F. (2000): "Synopsis of the families and genera of the Hydromedusae of the world, with a list of the worldwide species". Thalassia Salent 24: 47-296.
- ↑ Capitatana EOL. Consultada o 30 de agosto de 2020.
- ↑ Capitata no IOBIS. Consultado o 30 de agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Capitados |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bouillon, J. & Boero, F. (2000): "Synopsis of the families and genera of the Hydromedusae of the world, with a list of the worldwide species". Thalassia Salent. 24: 47-296. Ver en liñea en: Phylogeny and Classification of Hydroidomedusae.
- Nawrocki, A. M.; Schuchert, P. & Cartwright, P. (2010): "Phylogenetics and evolution of Capitata (Cnidaria: Hydrozoa), and the systematics of Corynidae". Zoologica Scripta 39 (3): 290-304.