Caravan
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2014.) |
Caravan | |
---|---|
Orixe | Canterbury, Inglaterra |
Período | 1968 - presente |
Xénero(s) | rock progresivo, rock psicodélico, jazz fusión, escena de Canterbury |
Membros | Pye Hastings Mark Walker Jim Leverton Jan Schelhaas Geoffrey Richardson |
Antigos membros | David Sinclair Richard Sinclair Mike Wedgwood John G. Perry Derek Austin Stuart Evans Steve Miller Dek Messecar Richard Coughlan Doug Boyle |
Na rede | |
Reino Unido internacional | |
Caravan é un grupo musical do Reino Unido, da área de Canterbury, fundado por algúns dos membros do grupo Wilde Flowers: Dave Sinclair, Richard Sinclair, Pye Hastings e Richard Coughlan.[1] Acadou éxito durante os seus primeiros anos de carreira, como parte da escena de Canterbury, combinando o rock psicodélico e o jazz nun son propio, próximo ao dos seus coetáneos Soft Machine.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras a disolución da súa antiga banda, The Wilde Flowers, David Sinclair, Richard Sinclair, Pye Hastings e Richard Coughlan formaron Caravan en 1968. A banda foi o primeiro grupo británico en asinar para o selo estadounidense Verve Records, que editaría o seu disco de estrea, Caravan, ese mesmo ano. Despois disto Verve pechou a súa división de rock e pop polo que Caravan moveuse cara Decca Records para publicar If I Could Do It All Over Again, I'd Do It All Over You en 1970, aparecendo o tema que lle daba título no programa Top Of The Pops. O seu seguinte traballo, In the Land of Grey and Pink, foi editado en 1971 a través de Deram Records, a subsidiaria de rock progresivo de Decca. Tras este disco David Sinclair decidiu abandonar a banda e foi substituído por Steve Miller. O cambio de teclista causou tamén unha mudanza na dirección musical, e o seguinte álbum do grupo, Waterloo Lily, distinguíase dos seus anteriores traballos por unha maior influencia do jazz. Isto causou un certo malestar entre os seus seareiros e Caravan desintegrouse pouco despois, quedando só Hastings e Coughlan. O dúo recrutou ao intérprete de viola Geoffrey Richardson, ao baixista Stu Evans e ao teclista Derek Austin e xirou estensamente. Esta formación non realizou ningunha gravación ata que Evans foi substituído por John Perry e Dave Sinclair volveu á banda en 1973. O álbum resultante foi For Girls Who Grow Plump in the Night, que tivo unha boa acollida de crítica[2]. Perry marcharía pouco despois e ocuparía o seu lugar Mike Wedgwood.
A pesar de colleitar un éxito considerable na Europa continental (particularmente en Francia, Países Baixos e Alemaña), as aparicións nas listas británicas e estadounidenses foron mínimas, entrando só un álbum, Cunning Stunts, no número 124 dos Estados Unidos. No Reino Unido Cunning Stunts (número 50) e Blind Dog at St. Dunstans foron os seus únicos éxitos[3][4]. A gravación máis coñecida de Caravan é o álbum de 1971 In the Land of Grey and Pink, o seu segundo traballo con Decca. Este disco acadaría o disco de ouro.
A banda estivo practicamente inactiva nos 80 ata unha reunión en 1990, planeada como unha única actuación para televisión, revitalizando a súa carreira. Ultimamente o grupo conseguiu vendas constantes e unha base de seareiros co apoio dos programas máis eclécticos da radio e do aumento da popularidade do rock progresivo. Tras actuar no NEARFest en 2002, editaron o álbum The Unauthorized Breakfast Item no ano seguinte.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Caravan - 1968
- If I Could Do It All Over Again, I'd Do It All Over You - 1970
- In the Land of Grey and Pink - 1971
- Waterloo Lily - 1972
- For Girls Who Grow Plump in the Night - 1973
- Caravan and the New Symphonia - 1974
- Cunning Stunts - 1975
- Blind Dog at St. Dunstans - 1976
- Better by Far - 1977
- The Album - 1980
- Back to Front - 1982
- Live 1990 - 1992
- Radio One Live in Concert BBC 1975 - 1991
- Cool Water - 1994
- Battle of Hastings (1995
- All Over You - 1996
- Live: Canterbury Comes to London - 1997
- Live in Holland: Back on the Tracks - 1998
- Songs for Oblivion Fishermen - 1998
- Ether Way - 1998
- Show of Our Lives - 1998
- Surprise Supplies - 1999
- All Over You Too - 1999
- Headloss - 1999
- The HTD Years - 2000
- Where But For Caravan Would I? - 2000
- Green Bottles For Marjorie - 2002
- Live at Fairfield Halls, 1974 - 2002
- The Unauthorised Breakfast Item - 2003
- The Show of Our Lives - Caravan at the BBC 1968-1975 - 2007
- Paradise Filter - 2013
- It’s None Of Your Business - 2021
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bruce Elder. "Caravan Biography". Allmusic (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2011.
- ↑ Biografía de Caravan en allmusic.com (en inglés)
- ↑ "Cunning Stunts nas listas". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2013. Consultado o 19 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Blind Dog At St Dunstan's nas listas". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web británico, (en inglés).
- Sitio web internacional, (en inglés).
- Caravan en Allmusic, (en inglés).
- Caravan en Calyx, (en francés).