Caro
Áureo do emperador Caro. | |
Nome orixinal | Marcus Aurelius Carus Augustus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (la) Marcus Numerius Carus 222 Narbo, Gallia Narbonensis |
Morte | xullo ou agosto de 283 (61 anos) alén do río Tigris, Mesopotamia |
Causa da morte | Relampo |
Emperador romano | |
setembro de 282 – xullo de 283 ← Probo – Carino, Numeriano → | |
Prefecto do pretorio | |
Datos persoais | |
Relixión | Relixión na Roma antiga |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Período de tempo | Alto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano e principado |
Período de actividade | entre o 282 e o 283 |
Familia | |
Cónxuxe | valor descoñecido |
Fillos | Paulina, Carino, Numeriano |
Descrito pola fonte | Orthodox Encyclopedia (en) Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Caro (en latín: Marcus Aurelius Carus)[1][2] nado en Narbo en 222,[3] e finado alén do río Tigris en xullo ou agosto de 283, foi emperador de Roma de 282 a 283.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Home versado na literatura latina, foi educado en Roma e ocupou diversos cargos civís e militares. No 282 foi nomeado como prefecto do pretorio.
Co asasinato de Probo preto de Sirmium, Caro foi nomeado emperador polas lexións, ás cales gañara coa súa honestidade e talento. Foi o primeiro emperador que prescindiu da confirmación do Senado, que aínda que se convertera nun costume, xa non tiña validez. Acusaronno de ser permisivo co asasinato de Probo, aínda que non participara nel.
Nomeou aos seus fillos Carino e Numeriano coma Césares, enviando a Carino para loitar ás Galias e encarregarse dos asuntos occidentais, xa que el, xunto co seu outro fillo, se dirixiu a loitar contra os persas na mesma expedición que organizara Probo.
Venceu aos sármatas e continuou a loita contra o rei dos persas, Varanes II (Vahram II), ao que logrou vencer, conquistando Mesopotamia e poñendo sitio de novo a Ctesifonte no 283.
Caro gozou pouco tempo das vitorias, xa que a finais de xullo do 283 morreu repentinamente. Non se sabe o motivo desta. Para uns, foi debido a un raio estando no campo de batalla; para outros, a consecuencia das feridas recibidas nas loitas en Ctesifonte; mentres que uns últimos estiman que puido ser asasinado por orde do prefecto do pretorio, Arrio Aper, que non estaba de acordo en continuar as loitas máis aló do Tigris. Con el cúmprese a profecía persa de que os emperadores que cruzaban o Tigris morrían, xa que a fronteira do imperio romano estaba no río.
O seu fillo Numeriano, foi nomeado augustus e continuou as loitas máis aló do Tigris deica chegar a un acordo de paz cos persas.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Probo |
Caro | Precede a: Numeriano e Carino |
Emperadores Ilirios |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caro |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jones, A.H.M., Martindale, J.R. The Prosopography of the Later Roman Empire, Vol. I: AD260-395, Cambridge University Press, 1971
- Southern, Pat (2001). The Roman Empire from Severus to Constantine (en inglés) (1ª ed.). Londres: Routledge. ISBN 978-0415239448.
- Canduci, Alexander (2010). Triumph & Tragedy: The Rise and Fall of Rome's Immortal Emperors (en inglés). Londres: Murdoch Books. ISBN 978-1-74196-598-8.
- Gibbon, Edward (1897). The history of the decline and fall of the Roman Empire (en inglés). Londres: METHUEN & CO.