Caroi, Cerdedo-Cotobade
Caroi | |
---|---|
Caroi | |
Concello | Cerdedo-Cotobade[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°29′10″N 8°25′01″O / 42.48611111, -8.41694444 |
Área | 12,5 km² |
Poboación | 109 hab. (2019) |
Densidade | 8,72 hab./km² |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Caroi é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 128 habitantes (61 homes e 67 mulleres), 29 menos ca en 2006. Dos 12 lugares da parroquia, están habitados 11.
Historia
[editar | editar a fonte]O topónimo posiblemente teña a súa orixe na raíz preindoeuropea kar (pedra), polo rochoso da zona. A parroquia pertenceu até 1904 ao veciño concello da Lama.
Poboación
[editar | editar a fonte]Caroi presenta un modelo de poboación típico do rural galego, cunha perda pequena e constante de veciños. No ano 2000, vivían no lugar (INE) 179 habitantes (82 homes e 97 mulleres). En 2001 tivo 184 habitantes, e desde entón a poboación comezou a decrecer.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia, ademais da igrexa parroquial, están a capela do Neno Xesús e a capela de Santa Mariña, onde se celebra a romaría o 18 de xullo. En 1917 construíuse a escola de nenos, e en 1931 a escola de nenas, rehabilitada en 2013[2].
Hai tempo había na ladeira do monte Seixo nunha zona de neves perpetuas unha neveira de xeo usada para levar ao porto de Marín para conservar o peixe.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Caroi
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
A Bouza do Home | Bouzas | A Casola | A Cima de Vila | A Costa | O Coto | A Eirexe | Fraguas | A Graña | A Laxa | Medelo | O Porto |
Parroquias de Cerdedo-Cotobade
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Cotobade inaugura a remodelación da Casa Escola de Nenas de Caroi" Arquivado 21 de xuño de 2013 en Wayback Machine., artigo de Carlos Fernández no Diario de Pontevedra, 8 de xuño de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fortes Bouzán, X.: Caroianos. Unha viaxe pola nosa historia rural. Xunta de Galicia, 2008.