Chibis
Chibis é un tipo de traxe ruso usado en voos espaciais para redistribuir os líquidos no corpo dos astronautas sometidos a ingravidez.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Ao comezo da carreira espacial descubriuse que en ingravidez o sangue e resto de fluídos (linfa, auga) no corpo humano tende a acumularse na parte superior, a diferenza de na superficie terrestre, onde a gravidade tende a mantelos na parte inferior do corpo. Esta redistribución de líquidos causa que o corpo dos astronautas aumente de volume e soporte maior presión na parte do torso e da cabeza, producindo inchazón na face e potencias problemas cardiovasculares, así como problemas na visión. [2][1]
Para estudar e resolver o problema da redistribución de fluídos no corpo humano en ingravidez, a Unión Soviética desenvolveu o traxe Chibis. O traxe usouse por primeira vez na estación espacial Saliut 1 e síguese usando na Estación Espacial Internacional. O traxe está composto por unha parte na que o astronauta introduce as súas pernas e unhas cintas que se pasan polo hombreiro para suxetalo. As pernas do traxe van a unha bomba de baleiro que crea unha presión que produce que os fluídos se redistribúan cara a parte inferior do corpo como ocorrería na superficie terrestre, contrarrestrando os efectos da ingravidez e permitindo estudar os dos fluídos nunha e outra situación. O traxe úsas tamén como parte das actividades previas ao regreso dos astronautas á Terra tras voos de longa duración.[2][1]