Cidade Xardín da Coruña
Cidade Xardín da Coruña | |
---|---|
A Cidade Xardín dende a praza de Portugal. | |
Concello | A Coruña |
Coordenadas | 43°22′00″N 8°25′01″O / 43.366758089979, -8.4169689975879 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Cidade Xardín é un barrio da cidade da Coruña. Foi deseñada segundo o exemplo das cidades xardín concibido polo inglés Ebenezer Howard, con vivendas unifamiliares e chalés.
Historia
[editar | editar a fonte]A Cidade Xardín foi creada ao abeiro da Lei das Casas Baratas, que daba pulo á construción de colonias de obreiros, aínda que en moitos casos acabaron convertidas en vivendas para as clases acomodadas.
A Cidade Xardín foi impulsada por un grupo de cidadáns reunido no Círculo de Artesáns en novembro de 1921. A Sociedade estaba formada por Luís Cornide Quiroga, Canuto Berea Rodríguez, José Agudín Aspe, Francisco Vázquez Lens, José Piñeiro Vázquez, Gabriel López Companioni, Eduardo Rodríguez-Losada, Jacobo Correa Oliver, Ricardo Pernas Varela e Manuel Fernández Morales, que presentaron o proxecto dirixido por Eduardo Rodríguez-Losada.
O grupo, cun capital dun millón de pesetas meteulle presión ao Concello para comezar deseguido a urbanización nunha área que no proxecto do Segundo Ensanche se definía como parque. Os promotores xustificaron a súa supresión pola suposta necesidade de novas vivendas e porque xa se decidira a creación do Parque de Joaquín Costa nas súas proximidades.[1] Nun ano constrúense catorce chalés e en 1923 constituíronse nunha compañía co nome de Sociedad Coruñesa de Urbanización SA. A finais da década a Cidade Xardín xa estaba formada por máis de corenta chalés, dous edificios destinados ao ensino e un observatorio meteorolóxico. As casas custaban unha media de 40 000 pesetas.
A sociedade asinou en 1935 un contrato coa Sociedad Cooperativa Domus para a construción de trinta vivendas máis na zona, que se remataron en 1937. En 1953 disolveuse a sociedade.
Outros proxectos similares
[editar | editar a fonte]A partir da Lei das Casas Baratas propuxéronse outros proxectos de urbanizacións nesa época. Construíronse as casas do Campo de Marte, mais non se chegou a realizar o proxecto presentado por Antonio Tenreiro, Peregrín Estellés e Pedro Mariño da Cidade Satélite Concepción Arenal (1930), situada na península da Torre e que acollería cinco mil habitantes.[2] A indecisión ante os problemas da intensidade dos ventos da zona retardou a súa posta en marcha ata o seu esquecemento ao coincidir coa Guerra Civil.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]Entre os edificios da Cidade Xardín destacan:[3]
- O colexio Compañía de María, de Leoncio Bescansa (1917), de inspiración neogótica.
- As vivendas apareadas deseñadas por Santiago Rey Pedreira en 1935.
- A “Villa Felisa”, de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1924). Do mesmo arquitecto é o antigo Sanatorio do Socorro (1926).[4]
- Tres edificios de Rafael González Villar, o número 3 da avenida da Habana (1930), o “Chalé Companioni”, no número 25 da mesma avenida (1912), e especialmente a “Villa Molina”, de 1928, de estilo art déco.[5]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Colexio da Compañía de María
-
Villa Molina
-
Avenida da Habana nº 3
-
Casa Mercedes, de Juan Creus Andrade e Covadonga Carrasco López
-
Villa Felisa
-
Chalé Companioni
-
Conxunto de vivendas apareadas de Santiago Rey Pedreira
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González-Cebrián Tello, José (1984). La ciudad a través de su plano. La Coruña (en castelán). Concello da Coruña.
- ↑ "La cooperativa Concepción Arenal proyectó un barrio para 5000 personas en Adormideras". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de febreiro de 2009. Consultado o 23 de febreiro de 2016.
- ↑ Plan Xeral – Cidade Xardín
- ↑ Prieto, Nuria (31/08/2022). "El Sanatorio del Socorro de A Coruña, un icono de la arquitectura de los años 20". El Español (en castelán). Consultado o 26/10/2022.
- ↑ Garrido Moreno, Antonio (2002). "Aproximación a la primera arquitectura déco en Galicia: El modelo coruñés" (PDF). Quintana (en castelán) (Universidade de Santiago de Compostela) (1). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bello, José María; Barral, Dolores; Saavedra, Mª Carmen; De Artaza, Manuel Mª; Colino, Ana; Grandío, Emilio (2001). Historia de A Coruña. Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-85-4.
- Mirás Araujo, Jesús (15 de novembro de 2007). "Crecimiento urbano y transformaciones en la localización de la actividad económica en A Coruña, 1914-1935". Scripta Nova (en castelán) XI (252). Consultado o 22 de febreiro de 2016.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Imaxes no blog Cámara en ristre
- Pousa, Luís (26 de abril de 2015). "A casa de bonecas". La Voz de Galicia. Consultado o 22 de febreiro de 2016.
- Aira, María J. (31 de maio de 2009). "La promotora de Ciudad Jardín". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2016.
- Ventureira, Rubén (13 de setembro de 2005). "Los pulmones verdes que el cemento sepultó". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 22 de febreiro de 2016.