(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Claudio Eliano - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Claudio Eliano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaClaudio Eliano

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Claudius Aelianus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(grc) Κλαύδιος Αあるふぁἰλιανός Editar o valor em Wikidata
165 (Gregoriano) ↔ 175 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Palestrina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte235 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , zoólogo , mestre , historiador , orador , poeta Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX963905

Claudio Eliano (en latín Claudius Ælianus, en grego antigo Κλαύδιος Αあるふぁἰλιανός) foi un escritor e compilador romano nado en Praeneste en 175 e finado arredor do 235[1]. Escribiu en grego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou retórica co sofista Pausanias[2] e foi un admirador de Herodes Ático. Morreu solteiro sen descendencia.

As obras de Eliano, escritas en grego antigo, son recompilacións doutras obras da literatura ática clásica. Consérvanse tres escritos.

  • "Historia Varia" (Ποικίλη ἱστορία - Historia Varia ): 14 libros con miscelánea anecdótica sobre a natureza e sobre homes e pobos notábeis. O manuscrito máis antigo data do século X e está no Codex Ambrosianus.
  • "Sobre a natureza dos animais" (Πぱいεいぷしろんρろーζぜーたωおめがνにゅー ἰδιότητος - De natura animalium ): 17 libros, dos que só quedan fragmentos, unha recompilación de historias e lendas sobre animais. O manuscrito máis antigo data do século X (Codex Parisinus).
  • "Cartas Rústicas" (Ἐπιστολαὶ ἀγροικικαί - Epistulae rusticae ), unha colección de 20 cartas de temática predominantemente erótica, cuxa autenticidade é dubidosa, tamén no Codex Ambrosianus.

Outras obras coñécense só polo seu título ou algúns escasos fragmentos: Sobre a arte adivinatoria (Πぱいεいぷしろんρろーὶ προνοίας), sobre a actividade directiva dos deuses (Πぱいεいぷしろんρろーὶ θείων ἐναργειῶνにゅー) e unha acusación contra un home efeminado que podería pensarse que era contra o emperador Heliogábalo.

  1. «Aelianus» in: Bibliotheca Augusta, Universidade de Augsburg
  2. Albrecht Dihle, Die griechische und lateinische Literatur der Kaiserzeit. (en alemán), Editorial C.H.Beck, 1989, páxina 245, ISBN 9783406337949 (en galego: A literatura grega e latina no tempo dos emperadores)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]