(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Cody Cameron - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Cody Cameron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCody Cameron

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Pasadena, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine e dobraxe Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguionista, animador, actor de televisión, produtor de cinema, director de cinema, actor de dobraxe, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor en Wikidata -

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0970606 Allocine: 62895 Allmovie: p288132 BNE: XX5412268 Editar o valor en Wikidata

Cody Cameron, nado en California o 12 de outubro de 1970, é un actor de voz, director e artista gráfico estadounidense. É coñecido por dirixir Cloudy with a Chance of Meatballs 2. Puxo a voz de numerosos personaxes animados, incluíndo Pinocchio e Three Little Pigs na serie de filmes Shrek, e Mr. Weenie na franquía de Open Season.

Cameron comezou a súa carreira en DreamWorks Animation escribindo diálogos e debuxando storyboards para a franquía Shrek, Shark Tale e Madagascar.

En 2004, Cameron deixou DreamWorks para unirse a Sony Pictures Animation. Alí traballou como artista de Surf's Up e escribiu e dirixiu a curtametraxe The ChubbChubbs Save Xmas, unha secuela de The ChubbChubbs!. Cameron tamén puxo a voz de Mr. Weenie na serie de filmes de Open Season e dirixiu Open Season 3. En 2013, dirixiu xunto con Kris Pearn a súa primeira longametraxe, Cloudy with a Chance of Meatballs 2.[1]

  1. Abrams, Rachel (13 de decembro de 2011). "Helmers set for 'Cloudy 2' toon". Variety. Consultado o 13 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]