Colexio profesional
Colexio profesional ou colexio oficial é unha organización polo xeral sen ánimo de lucro, de carácter gremial, no que o interese dos seus membros está na súa profesión e no interese público. Intégrana os que exercen as chamadas profesións liberais e está amparada polo Estado. Os seus membros asociados coñécense como colexiados. Cando un ten por obxecto de dedicación as autividades manuais ou artesás chámase segundo a forma tradicional: gremio. O obxectivo dos colexios profesionais é ordenar o exercicio das profesións, representalas en exclusividade e defender os intereses dos colexiados, alén de velar pola boa labor profesional e pola práctica dunha ética de traballo. Un colexio profesional é de interese para os profesionais porque proporciona vantaxes fiscais e protección para a compañía.[1]
Os roles destas asociacións profesionais téñense definido como: "Un grupo de persoas dunha ocupación coñecida a quen se lles encomenda manter o control ou a supervisión da práctica lexítima da súa ocupación;"[2] tamén como un axente activo "para salvagardar o interese público;"[3] organizacións que "representan o interese dos profesionais," e por iso "actúan para manter a súa posición privilexiada e poderosa como organización."[3]
En Europa, teñen implantación principalmente nos estados do Mediterráneo: Francia, España, Italia e Portugal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fletcher, 1A Cyclopedia of the Law of Pirate Corporations §§97, 112.1 (1983).
- ↑ Harvey, L. (2004). Quality Research International, ed. "Professional body".
- ↑ 3,0 3,1 Harvey, L.; Mason, S.; Ward, R. (1995). Role of Professional Bodies in Higher Education Quality Monitoring. Birmingham: Quality in Higher Education Project. ISBN 1-85920-108-3.