(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Columbus Crew - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Columbus Crew

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Columbus Crew
NomeColumbus Crew Soccer Club
Alcume(s)Crew SC, The Black & Gold
Fundación1995
EstadioMapfre Stadium
Columbus, Ohio
Estados Unidos
Inauguración1999 [1]
Capacidade20,145
PropietarioPrecourt Sports Ventures LLC
Adestrador Gregg Berhalter
LigaMajor League Soccer
2014Leste: 3º
Global: 7º
Playoffs: Semifinais de Conferencia
Na rede
http://www.columbuscrewsc.com
Facebook: ColumbusCrew Twitter: ColumbusCrew Instagram: columbuscrew Youtube: UCWaD_J0qRubgPr9DV_x9-Jw Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

O Columbus Crew Soccer Club é un club de fútbol profesional que xoga na Major League Soccer. É o equipo da cidade de Columbus, no estado de Ohio, polo que xoga na conferencia Leste. Foi un dos dez equipos que xogaron a tempada inaugural da MLS en 1996. Tamén foi o primeiro equipo dos Estados Unidos en construír un estadio específico para o fútbol, no ano 1999 [2].

O Crew SC é un dos equipos máis laureados da MLS xa que conta con cinco trofeos oficiais. En 2015, os novos propietarios cambiaron o logo do equipo e tamén o nome do estadio (Mapfre Stadium). Entre os xogadores máis importantes que pasaron polo club cabe destacar a Chad Marshall, Jeff Cunningham e Brian McBride.

Na tempada inaugural da MLS, en 1996, o equipo conseguiu clasificarse para os playoffs, pero perdeu na primeira rolda contra o Tampa Bay Mutiny. Por outra parte os seareiros do Columbus recibiron o premio de mellor afección da liga [3]. Na seguinte tempada, o equipo chegou ata a final de Conferencia, pero perderon os dous partidos fronte o que sería o campión, o DC United. No ano 1998, chegou a primeira gran final do equipo, na U.S. Open Cup pero perderon 2-1 fronte ó Chicago Fire [4]. O ano 2000, foi o primeiro no que o equipo non conseguiu chegar ós postos de playoff [5]. No ano 2002, os de Columbus conseguiron de novo chegar á final de Conferencia, pero foron eliminados polo New England Revolution.

A chegada dos títulos

[editar | editar a fonte]

No ano 2002 chegou o primeiro título ás vitrinas do Columbus Crew, tras gañar a final por 1-0 fronte ó Los Angeles Galaxy. Dende o ano 2003 ao 2006, o equipo sufriu varias malas noticias e sumou malos resultados, quedando fora dos postos de playoff nos anos 2003 e 2005. Unha das súas estrelas, Brian McBride, marchou ó Fulham. E ademais no ano 2006, o propietario do club morreu. A única excepción foi que o equipo logrou gañar no 2004 a Supporters' Shield.

A chegada das estrelas internacionais

[editar | editar a fonte]

No ano 2007, revolucionouse a MLS coa incorporación de David Beckham ás filas do Los Angeles Galaxy, a estrela que asinaron os Black & gold foi Guillermo Barros Schelotto [6]. O ano 2008 foi unha tempada histórica para o conxunto de Columbus, conseguiron gañar a MLS Cup 3-1 fronte ó New York Red Bulls, co arxentino Schelotto como mellor xogador do partido. Ademais ese mesmo ano conseguiron gañar a súa segunda Supporters' Shield [7]. O ano seguinte volveu a revalidar ese mesmo título. Nos anos 2009 e 2010, o equipo participou na Liga de campións da CONCACAF e os dous anos foi eliminado en cuartos de final [8][9]. Tras tres anos con malos resultados o Crew SC conseguiu chegar ás semifinais de conferencia no ano 2014 [10].

Posto País Xogador
1 POR Steve Clark
2 DEF Tyson Wahl
3 DEF Chris Klute
4 DEF Michael Parkhurst
5 DEF Austria Emanuel Pogatetz
6 MED Tony Tchani
7 MED Islandia Kristinn Steindorsson
8 MED Mohammed Saeid
9 MED Justin Meram
10 MED Federico Higuain
11 MED Cedrick Mabwati
12 MED Kevan George
13 MED Ethan Finlay
14 DEF Waylon Francis
Posto País Xogador
16 MED Hector Jimenez
17 DEL Ben Speas
18 DEL Aaron Schoenfeld
19 MED Romain Gall
20 MED Wil Trapp
21 DEF Chad Barson
22 DEF Gaston Sauro
23 DEL Kei Kamara
24 DEF Sergio Campbell
25 DEF Harrison Afful
26 MED Ben Swanson
28 POR Matt Lampson
30 DEL Jack McInerney
41 POR Brad Stuver
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2015. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2014. Consultado o 15 de novembro de 2015. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2015. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2015. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2015. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2015. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2015. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2015. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2015. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2015. 
  11. http://www.columbuscrewsc.com/players
  12. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2015.