Concello de Heby
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Uppsala | ||||
Capital | Heby (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 14.334 (2024) (11,7 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.225,61 km² | ||||
Altitude | 47 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Heby Municipality, Sweden (en) | Q123055054 (1995–1998) Rolf Edlund (en) (1999–2006) Carina Schön (en) (2007–2010) Marie Wilén (en) (2011–) | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | heby.se | ||||
Heby é un municipio sueco (kommun) do condado de Uppsala.[1] A súa capital é Heby, con 2 724 habitantes, sendo a área urbana máis grande do concello e onde vive un 20% da súa poboación. No ano 2022 apoboación do municipio era de 14 330 habitantes.[2]
O municipio de Heby pertenceu ata o 1 de xaneiro de 2007 ao condado de Västmanland. O concello limita co municipio de Avesta no condado de Dalarna, co de Sala no condado de Västmanland, cos de Sandviken e Gävle no condado de Gävleborg, e cos de Tierp, Uppsala e Enköping no condado de Uppsala.
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do municipio correspóndese coa das parroquias de Enåker, Harbo, Huddunge, Nora, Vittinge, Västerlövsta e Östervåla. Coa reforma municipal de 1862 formáronse concellos rurais co mesmo nome a partir desas parroquias.
O 22 de xaneiro de 1887 constituíuse na zona a localidade municipal de Heby que sería disolta en 1952.
Coa reforma municipal de 1952 fundáronse os grandes concellos de Västerlövsta (dos anteriores municipios de Enåker, Huddunge e Västerlövsta) e Östervåla (de Harbo e Östervåla), mentres que os municipios rurais de Nora e Vittinge permaneceron sen cambios.
O municipio de Heby naceu coa reforma municipal de 1971 a partir dos concellos rurais de Nora, Vittinge, Västerlövsta e Östervåla.[3]
Ata o 31 de dicembro de 2006 o municipio estivo no condado de Västmanland, pero pasou a formar parte do condado de Uppsala o día seguinte.[4] Isto levouse a cabo de acordo cunha decisión parlamentaria do 30 de novembro de 2005. Nun referendo local consultivo realizado en 1998 o 57,5% votou a favor dun cambio de condado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-28.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-28.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Nu hör Heby kommun till Uppsala län". Sveriges Radio (en sueco). 2007-01-01. Consultado o 2022-09-10.