Conversa usuaria:Jackirtash
Benvida á Galipedia, Jackirtash!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 16:36, 8 decembro 2009 (UTC)
Páxina de usuario
[editar a fonte]Si, da mesmiña maneira, Jasckirtash. De feito, a non ser que poñas barbaridades, a túa páxina de usuario só a podes tocar ti. Así que dálle duro e mételle o que queiras: unha foto, os teus gustos, o traballo que queres desenvolver etc. Pédeche valer de axuda botarlle unha ollada a outras páxinas de usuario para coller ideas para a túa. Un saúdo e a traballar. --Atobar (conversa comigo) 21:17, 9 decembro 2009 (UTC)
Babel / Idiomas
[editar a fonte]Para o das linguas, cópioche o código que teño eu posta na miña páxina de usuario. Podes copiar e colar adaptando ás túas capacidades. Supoño que saberás comprendelo, non é moi díficil. Con todo, se tes problemas fálao co usuario:Toliño, que é un experto nestas cousas.
{| style="float: right; margin-left: 1em; margin-bottom: 0.5em; width: 250px; border: #99B3FF solid 1px" |- | style="text-align: center" | '''[[Wikipedia:Babel]]''' |- | {{User gl}} |- | {{User es}} |- | {{User en-3}} |- | {{User fr-3}} |- | {{User pt-3}} |}
Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:35, 9 decembro 2009 (UTC)
Votacións
[editar a fonte]Nas votación á imaxe da semana, artigos destacados e demais, non estou certo de que xa poidas votar. Cómpre, se non estou enganado ter feitas unha mínimo de edición e levar tamén un certo tempo. Non sei os número exactos. Pregúntallo ao usuario:Albert galiza, que seguro che poderá dicir algo máis ca min. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 16:47, 10 decembro 2009 (UTC)
- Sentíndoo moito teño que anular os teus votos emitidos por non cumprires os requirimentos mínimos: 150 contribucións válidas nos artigos e unha antigüidade de 60 días. En canto acades estas cifras poderás exercer os teus votos; tes toda a información en Wikipedia:Votacións. Agardo que o comprendas. Saúdos e benvida, Ana! --Toliño Fala aquí comigo 16:52, 10 decembro 2009 (UTC)
Como engadir imaxes
[editar a fonte]Ola Ana, preme nesta dirección pra ver como se engaden imaxes nun artigo. Se ó rematar de ler segues a ter dúbidas, pregunta. Un saúdo --Lala Lugo 18:56, 13 decembro 2009 (UTC)
Pregunta na taberna
[editar a fonte]Ola Ana. Benvida (inda que xa sexa algo tarde).
Vin que xa colocaron unha foto no artigo Literatura modernista. Quixera só explicarche unha posibilidade de encontrar imaxes para os artigos.
Hai un espazo do proxecto en que hai unha gran cantidade de imaxes que se poden empregar na Galipedia. Chámase Commons, podes acceder a el desde o final da páxina da portada da Galipedia ou desde aquí. Actualmente Commons ten case 6 millóns de arquivos multimedia.
Para usar as imaxes de Commons non tes que subilas á Galipedia. Úsanse coma se xa estivesen subidas. Calquera das imaxes de Commons pode empregarse coma se xa fose subida á Galipedia. Commons é unha gabeta de arquivos multimedia que alimenta a tódalas wikipedias.
Iso si, para facer unha busca, soe ser preferible que empregues o inglés. Podes acadar con todo aceptables resultados noutras linguas. Un cordialñ saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 14:16, 16 decembro 2009 (UTC)
Memorias de Idhún
[editar a fonte]Ola Ana, o título do Memorias de Idhún leva til e por iso apareceche en vermello. O artigo xa existe, pero podelo ampliar. --81.32.105.147 19:24, 12 xaneiro 2010 (UTC)