Copán
(es) Copán | ||||
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Copán Ruinas, Honduras (pt) | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 15,095 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → América Latina-Caribe | |||
Data | 1980 (4ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iv) e (vi) | |||
Identificador | 129 | |||
Copán é un lugar arqueolóxico da civilización maia que se atopa no departamento de Copán, no oeste de Honduras, non moi lonxe da fronteira con Guatemala. Foi a cidade capital dun gran reino do período clásico entre os séculos V e IX. A cidade atopábase no extremo sueste da rexión cultural mesoamericana, limitando coa rexión cultural do itsmo colombiano, e estaba case toda rodeada por pobos non maias.[1] Neste val fértil hoxe hai unha pequena vila duns 3000 habitantes, un pequeno aeroporto e un camiño.[2]
Copán estivo habitada por máis de dous mil anos, dende o período preclásico temperán até o posclásico. A cidade desenvolveuse cun estilo escultural distintivo dentro da tradición maia das terras baixas, quizais para salientar a etnicidade maia dos gobernantes da cidade.[1]
A cidade contén un rexistro histórico que abrangue gran parte do período clásico e que foi reconstruído en detalle por arqueólogos e epígrafos.[1] Copán foi unha cidade poderosa que gobernaba un amplo reino dentro da área sur maia.[3] A cidade sufriu un gran desastre político no ano 738, cando Uaxaclajuun Ub'aah K'awiil, un dos meirandes reis da historia dinástica de Copán, foi capturado e executado polo seu antigo vasalo, o rei de Quiriguá.[4] Esta inesperada derrota significou un hiato de 17 anos na cidade, e durante este tempo Copán puido ter intercambiado os papeis con Quiriguá.[5]
Unha parte significativa da zona leste da acrópole foi erosionada polo río Copán, aínda que o río foi desviado para protexer o sitio contra un maior dano.[1]
Nomes
[editar | editar a fonte]Crese que o nome antigo de Copán era Oxwitik (/oʃwitik/), que significa "tres witiks", aínda que o significado da palabra witik é descoñecido.[6][7]