Coroa de espiñas
Aparencia
A coroa de espiñas era un instrumento de tortura usado polos romanos. Consistía nunha coroa, ou un casco, feita con ramas de plantas ou arbustos espiñentos trenzadas, que se colocaba encaixada na cabeza do torturado, o que lle causaba unha intensa dor.
Segundo os Evanxeos, foi utilizada na paixón de Xesucristo. Isto fixo que se convertera nun símbolo de Cristo e, por extensión do cristianismo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coroa de espiñas |