Década de 370
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século IV | |||||
| |||||
|
370
- Artigo principal: 370.
- Os hunos atacan os alanos e cruzan o río Volga.
- Fraomario tórnase, por breve tempo (até 371), régulo dos bucinobantes (rama dos alamáns).
371
- Artigo principal: 371.
372
- Artigo principal: 372.
Asia
- China: Xiaowu sucede no trono imperial da dinastía Jin a Jianwen (até 396).
- Corea: O reino de Koguryo adopata o budismo como relixión oficial.
Mundo Mediterráneo
- As funcións públicas romanas adquiren carácter militar á par do civil, por un edicto do emperador Valentiniano I.
- Valentiniano I derrota a cuados e sármatas.
373
- Artigo principal: 373.
- Batalla do río Tanais - Os hunos vencen aos alanos, preto do actual río Don.
- Prosegue a revolta na provincia romana de África, orixinada polos excesos do gobernador Draconcio.
374
- Artigo principal: 374.
América
- 4 de maio - Iníciase o reinado de Atlatl Cauac ("Bufo Lanceiro") en Teotihuacán. Ao longo do seu reinado estenderá o seu poder por varias cidades maias do Petén (até 439).
Europa
- Os hunos atacan os vándalos no Sur da actual Rusia.
- O emperador romano Valentiniano I marcha sobre Iliria, onde ataca a cuados e sármatas, que invadiran o territorio.
375
- Artigo principal: 375.
Asia
- Comezo do reinado de Chandragupta II, soberano do imperio Gupta na India (até 413 ou 415).
Europa
- Os hunos, pobo procedente de Asia, ataca aos pobos xermanos e sármatas asentados no Sur da actual Rusia.
- Destrución do reino ostrogodo de Ermanerico, asentado na actual Ucraína, entre o río Don e o Dnieper, polos hunos. Os ostrogodos trasládanse para Panonia.
- Ante a ameaza dos hunos, os visigodos cruzan o río Danubio, internándose no territorio oriental do Imperio romano.
- Á morte de Valentiniano I, o 17 de novembro, o Occidente romano é repartido entre seus fillos. Valentiniano II, de apenas 4 anos de idade (até 392) e Graciano, xa asociado a seu pai desde 367 (até 383). O primeiro resérvase Iliria, Italia e África; o segundo goberna a Galia, Hispania e Britania. Valente continúa como emperador de Oriente.
376
- Artigo principal: 376.
- Os visigodos penetran nos límites do imperio romano oriental. O emperador Valente asina un tratado ou foedus con eles, admitíndoos como federados.
377
- Artigo principal: 377.
- Rebelión dos visigodos, asentados no imperio romano oriental como federados.
378
- Artigo principal: 378.
América
Asia
- Sapor II reafirma o dominio de Persia sobre os kusana (no actual Afganistán).
Europa
- Graciano, emperador romano occidental, derrota os alamáns, que invadiran a Galia, na batalla de Argentovaria (lugar localizábel no hoxe departamento francés de Haut-Rhin).
- 9 de agosto - Batalla de Adrianópole (tamén dita de Andrinópole), en Tracia: os visigodos vencen ao emperador romano Valente que morre no combate.
- O hispano Teodosio I é nomeado emperador do Oriente romano, a seguido da morte de Valentiniano (oficialmente desde 379).
Arte e cultura
- O emperador Valente termina o acueduto de Constantinopla, comezado por Constantino o Grande.
379
- Artigo principal: 379.
América
- 13 de setembro - Nun Yax Ayin accede ao goberno da cidade-estado maia de Tikal (até 411).
Asia
- Ardashir II sobe ao trono sasánida, sucedendo a Sapor II (até 383).
Mundo Mediterráneo
- 19 de xaneiro - Teodosio I é declarado oficialmente emperador romano oriental (até 395). O emperador occidental Graciano outórgalle o título de augusto.
Ciencia e tecnoloxía