Dahntay Jones
Cleveland Cavaliers – No. 30 | |
Posición | Ala / Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 27 de decembro de 1980 (43 anos) Trenton, Nova Jersey |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 95 kg (210 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Steinert (Hamilton, New Jersey) |
Universidade | Rutgers (1998–2000) Duke (2001–2003) |
NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 20 Por Boston Celtics |
Carreira | dende 2003 |
Historial de equipos | |
Memphis Grizzlies (2003−2007) Sacramento Kings (2007−2008) Denver Nuggets (2008−2009) Indiana Pacers (2009−2012) Dallas Mavericks (2012−2013) Atlanta Hawks (2013) Fort Wayne Mad Ants (2014−2015) Los Angeles Clippers (2015) Grand Rapids Drive (2015–2016) Cleveland Cavaliers (2016−presente) |
Dahntay Lavall Jones, nado o 27 de decembro de 1980 en Trenton, Nova Jersey, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que actualmente xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Boston Celtics, quen traspasaron os seus dereitos xunto cos de Troy Bell aos Memphis Grizzlies, a cambio dos dereitos de Kendrick Perkins e Marcus Banks. Jones xogou as súas primeira catro tempadas coma profesional nos Grizzlies, acadando 5.0 puntos por partido.
Na tempada 2006-07, ningún equipo lle fichou ata o 26 de setembro de 2007, cando Jones asinou un contrato non garantido cos Boston Celtics,[1] pero foi despedido polo equipo pouco máis tarde, o 25 de outubro de 2007.[2]
Jones asinou cos Sacramento Kings o 10 de decembro de 2007.[3] Foi cortado o 16 de febreiro de 2008. Asinou cos Denver Nuggets en xullo de 2008 para a tempada 2008-09.[4] Durante a súa estancia nos Nuggets, Jones mellorou as súas habilidades e xogou de titular en 72 partidos. Xogou cos Denver Nuggets que chegaron ás finais da Conferencia Oeste en 2009. O 14 de xullo de 2009, Jones asinou un contrato cos Indiana Pacers.
O 12 de xullo de 2012, foi traspasado ós Dallas Mavericks.[5] O 21 de febreiro de 2013, Jones foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio de Anthony Morrow.[6] O 27 de setembro de 2013, asinou cos Chicago Bulls.[7] Porén, foi cortado o 8 de outubro.[8] O 14 de xaneiro de 2015, asinou un contrato de dez días cos Los Angeles Clippers.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Peter May, Camp Roster Set, The Boston Globe
- ↑ Gary Dzen, C's waive Jones, Manuel, The Boston Globe
- ↑ "Sacramento Kings - Kings sign former Grizzlie - sacbee.com". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2008. Consultado o 07 de xuño de 2011.
- ↑ Nuggets Sign Dahntay Jones
- ↑ It's Official: Pacers Trade Mahinmi for Collison, Jones
- ↑ "Mavericks deal for guard Anthony Morrow". NBA.com. 21 de febreiro de 2013. Consultado o 22 de febreiro de 2013.
- ↑ "Patrick Christopher, Mike James, Dahntay Jones, Kalin Lucas, Dexter Pittman and D.J. White in Bulls training camp". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 31 de outubro de 2013.
- ↑ "Chicago Bulls waive Dahntay Jones". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 31 de outubro de 2013.
- ↑ CLIPPERS SIGN DAHNTAY JONES TO 10-DAY CONTRACT
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Nados en 1980
- Escoltas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics
- Xogadores dos Memphis Grizzlies
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos Atlanta Hawks
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers