(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Darío Álvarez Blázquez - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Darío Álvarez Blázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDarío Álvarez Blázquez

Homenaxe na casa na que residiu en Vigo, no número 9 da rúa Marqués de Valladares.
Biografía
Nacemento30 de setembro de 1910 Editar o valor en Wikidata
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xuño de 1979 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosDarío Álvarez Gándara, Alfonso Álvarez Gándara Editar o valor en Wikidata
PaisDarío Álvarez Limeses Editar o valor en Wikidata  e María Blázquez Ballester Editar o valor en Wikidata
IrmánsXosé María Álvarez Blázquez
Emilio Álvarez Blázquez
Álvaro Álvarez Blázquez Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1046063 BUSC: alvarez-blazquez-dario-1910-1979

Darío Álvarez Blázquez, nado en Tui o 30 de setembro de 1910 e finado en Vigo o 7 de xuño de 1979, foi un médico e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester, irmán de Emilio e Xosé María Álvarez Blázquez, tras estudar en Tui o ensino elemental fixo o bacharelato por libre examinándose en Pontevedra e a carreira de medicina na Universidade de Santiago de Compostela, acadando a licenciatura en 1932. Posteriormente especializouse en pulmón e corazón no Hospital de San Carlos de Madrid.

Estableceuse como médico en Tui e dende 1933 a 1936 ocupou a praza de tisiólogo no Centro Secundario de Hixiene Rural da Guarda. Tamén foi profesor auxiliar da cátedra de Ciencias Naturais no Instituto de Tui. En 1942 estableceuse a Vigo onde foi médico en Pescanova e outras entidades.

Foi membro do Partido Galeguista e o promotor da creación da agrupación local tudense. Foi detido os primeiros días despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. En 1947 foi detido en Vigo xunto a varios profesionais por pertencer a U.I.L. (Unión de Intelectuais Libres), e en 1974, foi fundador da Xunta Democrática de Vigo e de Galicia. Neste anos fundou tamén o Movemento Socialista de Galicia que máis tarde se fusionaría co Partido Socialista Galego, abandonando o partido en 1977.

Faleceu na súa clínica da rúa Marqués de Valadares cando agardaba polo primeiro paciente da tarde, e foi soterrado no cemiterio de Pereiró.[1] Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Academia de Medicina de Sevilla.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Gándara Fernández, e foi pai de Darío e Alfonso Álvarez Gándara.

Familia Álvarez Blázquez. De esq. a der.: Celso, o pai Darío Álvarez Limeses, Darío, a nai María, Álvaro, Alfonso, Emilio e Xosé María de pé.[2]

Colaborou en numerosos periódicos e revistas: Galicia Emigrante, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Papeles de Son Armadans, Jornal de Noticias. Escribiu dúas novelas en castelán: O fracaso de Clayton (1938, traducida ao galego en 1994) e A las cinco en punto (1939) asinadas co pseudónimo de Lázaro Evia.

A súa tese de doutoramento (1960) está dedicada a Francisco Sánchez e en 1964 publicou o libro Francisco Sánchez, “El escéptico”. Un gallego precursor. Tamén publicou traballos sobre a época de guerra civil na comarca do Baixo Miño: "Historias de la retaguardia nacionalista" na revista Historia y vida (1975), e unha serie de artigos en La Voz de Galicia titulados "Historias de fuxidos".

  1. "Ayer falleció en Vigo Darío Álvarez Blázquez". La Voz de Galicia. 8 de xuño de 1979. 
  2. "Real Academia Galega. Boletín n.º 369, 2008, p. 220" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de febreiro de 2017. Consultado o 08 de maio de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]