David Fuentes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1919 A Veiga de Valcarce, España |
Morte | 17 de abril de 1941 (21/22 anos) Valboa, España |
Causa da morte | morte en combate, accidente ecuestre |
Outros nomes | Velasco |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
David Fuentes Álvarez, coñecido como Velasco, nado na Veiga de Valcarce en 1919 e finado en Valboa o 17 de abril de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante socialista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte e foi xefe dun grupo de sete homes do que formaron parte Francisco Fernández Gómez, Manuel Fernández Aira, Antonio Fernández Crespo, os irmáns Gerardo e Pedro Lamas Cerezales, e Jesús Aira, que actuaron nos montes de Valboa e O Cebreiro. Uniuse a el o cenetista antigo combatente en Asturias Abelardo Gutiérrez Alba. A súa partida tendeulle unha celada a unha columna mixta de gardas civís e soldados na contorna de Pedrafita do Cebreiro, co resultado de tres soldados feridos e un garda morto.[1][2]
Atribúenlle varios ataques nas aldeas de Castelo de Frades e Cereixedo (Cervantes) en 1940. Supostamente este grupo atacou varios vehículos militares e autobuses de liña regular e o 4 de maio de 1940 executou tres xuíces de Valboa e un dos seus pais, en represalia pola morte do seu amigo Francisco Quiroga. En represalia polas súas accións, o seu pai e unha irmá de súa nai foron deportados polas autoridades. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Valverde (Valboa) o 17 de abril de 1941, con Manuel Mauriz Álvarez; o seu cadáver foi arrastrado por un cabalo desbocado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 04 de agosto de 2020.
- ↑ Fernández (2002), p. 24
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 69. ISBN 84-8485-231-8.
- Fernández, Eliseo (2022). "A guerrilla no Courel: unha primeira achega". En Alejandro, Rodríguez Gutiérrez; Martínez Panizo, Laura. Federación de Guerrillas de León-Galicia. Santiago de Compostela: Edicións Positivas. pp. 13–30. ISBN 978-84-126233-9-0.