Del roig al blau
Del Roig al blau. La transició valenciana (Do vermello ao azul. A transición valenciana) de 2004 é un documental sobre a transición española no País Valenciano entre os anos 1975 e 1982, desde a morte de Francisco Franco ata a aprobación do Estatuto de Autonomía.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Nel relátanse as grandes manifestacións, as primeiras eleccións, e a que se chamará a Batalla de Valencia, a partir de entrevistas a algúns dos actores políticos e sociais que máis interviron naquel momento.
O documental nace como iniciativa dun proxecto presentado por Albert Montón á edición 2001-2002 do Master de Producció i Edició de Continguts Audiovisuals do Taller d'Audiovisuals da Universidade de Valencia. A idea espertou o interese e o documentalista Llorenç Soler asumiu a súa dirección e Miquel Francés a produción.
O nome do documental cóllese dun libro de Alfons Cucó, quen viviu en primeira persoa moitos daqueles acontecementos, que posteriormente analizou e documentou.
Entrevistados
[editar | editar a fonte]- Periodistas
- Creadores
- Músicos
- Políticos
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio do público á mellor película valenciana na VII Edición dos Premios Tirant.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do documental, con ligazón para ver o documental en Internet. (en catalán)
- Entrevista a Miquel Francés. (en catalán)
- Entrevista a Albert Montón.[Ligazón morta] (en catalán)
- Noticia sobre o documental. Arquivado 12 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)