Delairea odorata
Delairea | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Delairea odorata | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
Delairea odorata Lem.[1], é unha planta rubideira orixinaria de Suráfrica.
Descrición
[editar | editar a fonte]Delairea odorata é unha rubideira que rube ás árbores e alcanza unha altura de cinco metros nos climas axeitados. Co tempo chega a afogar as árbores. As follas son multi-lobuladas. As súas flores son de cor amarela. Unha característica que a distingue de Senecio angulatus son os pequenos apéndices na base dos talos das follas que teñen forma de orella. Contén escopina, un alcaloide tropánico.[2]
Usos
[editar | editar a fonte]Esta planta cultívase como unha planta de interior pola súa follaxe ornamental.
Crecemento
[editar | editar a fonte]Delairea odorata converteuse nunha especie invasora en California, Hawai, Oregón, Nova Zelandia e Australia. A planta cobre os arbustos e árbores, inhibindo o seu crecemento e tamén cubrirá a terra intensamente sobre un área ampla, o que impide a xerminación das sementes ou o cultivo.
A rubideira pode ser controlada ou eliminada mediante unha combinación de métodos físicos e químicos. A menos que o sistema da raíz sexa extraído ou se envenene, a planta volverá crecer. As plantas novas pódense sacar coas súas raíces, pero as plantas máis vellas despréndense deixando as raíces no seu lugar.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Delairea odorata foi descrita por Charles Antoine Lemaire e publicada en Annales des Sciences Naturelles; Botanique, sér. 3 1: 379-381, no ano 1844.[3]
- Senecio mikanioides Otto ex Walp., 1848
- Delairea scandens Auct.
- Mikania senecioides hort.
- Breonia palmata hort.
- Ipomoea hederacea hort.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Especies en The International Plant Names Index
- ↑ Adams, Roger; Gianturco, Maurizio (1957). "Senecio alkaloids: mikanoidine, the alkaloid from Senecio mikanoides" 79: 166–169. doi:10.1021/ja01558a045.
- ↑ "Delairea odorata". Tropicos.org. Xardín Botánico de Misuri. Consultado o 9 de outubro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Delairea odorata |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en Itis Report
- Lemaire, C. (1844) "Delairea, ad synanthereas genus novum spectans describit C. Lemaire" Ann. Sci. Nat., Bot. sér. 3 1:379-381.
- Greuter, W. (2006-2009) "Delairea odorata". In: Greuter, W. & Raab-Straube, E. von (ed.): Compositae. Euro+Med Plantbase.