(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Dirk Bouts - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Dirk Bouts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDirk Bouts

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1415 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Haarlem, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte6 de maio de 1475 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Lovaina, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Outros nomesBouts, Dierick, Dirk, Thierri Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo neerlandés Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Lovaina
Bruxelas
Haarlem Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPintura relixiosa e Retrato pictórico Editar o valor en Wikidata
MovementoPintura flamenga primitiva Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoDieric Bouts (en) Traducir (1907) Editar o valor en Wikidata
AlumnosQuentin Matsys Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosDieric, the younger Bouts, Aelbrecht Bouts Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteTeutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:Dirich von Harlem/ Mahler. 217, 217)
Schilderboeck (pt) Traducir, (sec:T'leven van Dirck van Haerlem, Schilder., M188)
Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 11f6d0cf-9e44-45c1-8cdc-0e448348674e Discogs: 2295483 Editar o valor en Wikidata
O camiño do Paraíso ou A ascension dos elixidos, Palais des Beaux-Arts de Lille.

Dirk Bouts, ou Dieric Bouts, coñecido tamén como Dirk Bouts o vello, nado en Haarlem ca. 1415 e finado en Lovaina o 6 de maio de 1475, foi un pintor holandés activo na época dos primitivos flamengos, entre os que se inclúe.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sábese pouco da vida deste artista. A nota biográfica que lle consagrou Carel van Mander (1604), a pesar da devoción do autor, está chea de lagoas. Consonte Van Mander tería nacido en Haarlem. Ignórase quen foi o seu mestre. As súas primeiras obras testemuñan a influencia de Van der Weyden, e tamén de Petrus Christus[1].

A Última Cea, panel do retablo do Santo Sacramento

Ao final da década de 1450, casa cunha certa Katharina van der Brugghen, membro da burguesía de Lovaina, entón en plena expansión económica e artística. Terán catro fillos. Os dous homes, Dirk o Mozo e Albrecht Bouts foron tamén pintores[1].

En 1468, foi nomeado pintor oficial da cidade de Lovaina. En 1473, dous anos antes da súa morte, casou en segundas nupcias con Elisabeth Van Voshem[1].

Bouts é famoso polas súas numerosas táboas de tema relixioso, das que salienta a Virxe co Neno. Na maioría das obras utilizou o soporte de madeira, sobre o que pintaba ao óleo. Dominaba a perspectiva como é evidente polos decorados moi precisos, nos cales quedan integrados os personaxes de xeito totalmente coherente. Porén os seus personaxes carecen da emotividade que transmite un Van der Weyden. Dirk Bouts foi un pintor apreciado na Península Ibérica.

Un díptico formado por imaxes da Mater Dolorosa e o Ecce Homo pertencía á colección do castelo de Gołuchów, iniciada pola princesa Izabela Działyńska. En 1941 o exército nazi incautou a colección, o díptico adquiriuno o empresario Xosé Fernández López, e en febreiro de 1981 pasou ao Museo de Pontevedra, que en 2022 o devolveu ao Estado de Polonia[2].

Selección

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 "Dictionnaire des peintres belges". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 19 de abril de 2008. 
  2. Peio H. Riaño (15 de outubro de 2022). "El Museo de Pontevedra entrega a Polonia dos obras robadas por los nazis que tenía en su poder". elDiario.es (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]