Eastern Air Lines
Eastern Air Lines | ||
---|---|---|
IATA EA | OACI EAL | Indicativo EASTERN |
Fundación | 1926 (como Pitcairn Aviation) | |
Inicio das operacións | 18 de xaneiro de 1991 | |
Plan de voo frecuente | OnePass | |
Frota | 304 | |
Destinos | 140 | |
Holding | Eastern Air Lines, Inc. (Texas Air Corporation) |
Eastern Air Lines foi unha gran aeroliña estadounidense que operou dende 1926 ata 1991. Antes da súa disolución tiña a súa sede no Aeroporto Internacional de Miami, nunha área non incorporada do condado de Miami-Dade, en Florida.[1]
Eastern foi unha das "catro grandes" aeroliñas domésticas creadas polas conferencias Spoils de 1930, e foi dirixida polo as de voo da primeira guerra mundial Eddie Rickenbacker nos seus primeiros anos. Tivo case un monopolio na ruta entre Nova York e Florida dende os anos 30 ata os 50, e dominou este mercado nas décadas seguintes. Conflitos laborais e grandes débedas afectaron á copañía a finais dos 70 e principios dos 80 baixo a dirección do antigo astronauta Frank Borman. Frank Lorenzo mercou Eastern en 1985 e pasou moitos dos seus activos ás súas outras aeroliñas, incluídas Continental Airlines e Texas Air. Despois de continuos conflitos laborais e unha folga que paralizou á empresa en 1989, Eastern quedou sen cartos e foi liquidada en 1991.[2] American Airlines fíxose coa meirande parte das rutas de Eastern dende Miami cara Latinoamérica e o Caribe, mentres que Delta Air Lines, o principal competidor de Eastern no Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson de Atlanta, mercou moitos dos seus Lockheed L-1011.[3]
Eastern foi pioneira no servizo cada hora entre Nova York, Washington, D.C. e Boston en 1961 coñecido como Eastern Air Lines Shuttle. Fíxose cargo da rede de rutas sudamenricanas de Braniff International en 1982,[4] e tamén voou a Londres e a Madrid nos anos 80.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Flight International (ed.). "World Airline Directory". Consultado o 29 de abril de 2015.
- ↑ US Centennial of Flight Commission (ed.). "Eastern Airlines". Consultado o 29 de abril de 2015.
- ↑ Airchive (ed.). "1991 - January 1 - Eastern Airlines Timetables, Route Maps, and History"". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2015. Consultado o 29 de abril de 2015.
- ↑ Airchive (ed.). "1982 - August 1 - Eastern Airlines Timetables, Route Maps, and History". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2015. Consultado o 29 de abril de 2015.