Eduard Romanyuta
Nome orixinal | (uk) Едуард Романюта |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de outubro de 1992 (31 anos) Ternopil, Ucraína (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Ucraína Moldavia |
Actividade | |
Ocupación | cantante , presentador , músico , presentador de televisión , cantautor , actor |
Período de actividade | 1996 - |
Xénero artístico | Música pop, pop rock, Rhythm and blues, pop dance e Soul |
Instrumento | Violín, piano, guitarra e voz |
Participou en | |
23 de maio de 2015 | Festival de Eurovisión 2015 |
Páxina web | eduardromanyuta.com |
Eduard Romanyuta (en ucraíno: Едуард Едуардович Романюта) é un cantante, compositor, músico, actor e presentador de TV ucraíno. A súa carreira musical comezou cando tiña 4 anos. Cando tiña 5 anos, Eduard actuou no Pazo Ucraína, Kíiv, Ucraína, onde persoalmente o Presidente de Ucraína L. Kuchma felicitouno polo seu talento. En 1999-2002, particiou no Presindent's Christmas Trees, en Kíiv, facendo máis de 170 actuacións.
En 2015 representou a Moldavia no Festival de Eurovisión 2015 coa canción "I Want Your Love".
Carreira
[editar | editar a fonte]Festival de Eurovisión 2011
[editar | editar a fonte]O 26 de febreiro de 2011, Eduard intentou representar a Ucraína coa súa canción Berega quedando nun sétimo lugar de 19 participantes.[1]
Festival de Eurovisión 2012
[editar | editar a fonte]O 18 de febreiro de 2012, intentou representar ao seu país outra vez, esta vez cantando I'll never let go quedando nun quinto lugar de 21 participantes.
Festival de Eurovisión 2013
[editar | editar a fonte]O 23 de decembro de 2012, intentou por terceira vez representar a Ucraína no Festival de Eurovisión 2013, pero quedou nun terceiro lugar de 20 participantes. Esta foi a última vez que Eduard intentou representar a Ucraína.
Festival de Eurovisión 2015
[editar | editar a fonte]O 17 de xaneiro de 2015 presentouse para representar a Moldavia no Festival de Eurovisión 2015 en Viena, Austria, e o 28 de febreiro gañou con 84 puntos do xurado e máis de 13.000 votos do televoto público.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Doyle, Daniel (28 February 2015). "Moldova: Eduard Romanyuta to Vienna!". esctoday.com. European Broadcasting Union. Consultado o 28 February 2015.
- ↑ Honciuc, Bogdan (17 January 2015). "Moldova: 24 semi-finalists selected after live auditions". Wiwibloggs.com. Consultado o 28 February 2015.
- ↑ Honciuc, Bogdan (28 February 2015). "Moldova: Eduard Romanyuta gets the ticket to Vienna with "I Want Your Love"". Wiwibloggs.com. Consultado o 28 February 2015.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eduard Romanyuta |