El Salto
El Salto | |
---|---|
Tipo | periódico |
Data de fundación | 2017 |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
https://www.elsaltodiario.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Salto é un xornal de actualidade, investigación, debate e análise con formato diario web e revista mensual en papel editado en España.[1] É un medio de información independente fundado en 2017 a partir da converxencia de varias decenas de medios de comunicación.[2][3]
Historia
[editar | editar a fonte]El Salto xurdiu en 2016 por iniciativa do periódico Diagonal co fin de cooperar con outros medios españois de comunicación crítica e independente.
O 1 de marzo de 2017 lanzou o seu primeiro número en papel.[4]
Edicións rexionais
[editar | editar a fonte]El Salto conta cunha edición impresa de tirada nacional (El Salto). Ademais nalgunhas autonomías españolas incorpora contidos rexionais redactados por medios locais asociados. As edicións rexionais edítanse en Andalucía, Aragón, Galiza (O Salto), A Rioxa, Navarra (Hordago) e Valencia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Qué es el Salto.". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2017. Consultado o 16 de setembro de 2017.
- ↑ Más de 20 medios de comunicación se encuentran para dar El Salto. Diagonal. 11 de novembro de 2016.
- ↑ El Salto, una apuesta por el periodismo alternativo e independiente. La Marea. 8 de decembro de 2016.
- ↑ El Salto despega… Llega el número cero. Arquivado 16 de setembro de 2017 en Wayback Machine. Saltamos. 1 de marzo de 2017.