(Translated by https://www.hiragana.jp/)
El camino de San Diego - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

El camino de San Diego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O camiño de San Diego
Ficha técnica
Título orixinalEl camino de San Diego
DirectorCarlos Sorín
ProdutorHugo Sigman
Oscar Kramer
Carlos Sorín
GuiónCarlos Sorín
IntérpretesIgnacio Beníte
Carlos Wagner
Paola Rotela
MúsicaNicolás Sorín
FotografíaHugo Colace
Estrea2006
Duración98 min.
OrixeArxentina
XéneroSocial, deportivo
Na rede
http://www.elcaminodesandiego.com
IMDB: tt0865438 Filmaffinity: 663372 Allocine: 119833 Allmovie: v375251 TCM: 658283 Netlix: 70070508 Editar o valor en Wikidata

El camino de San Diego é unha película arxentina-española de 2006, dirixida por Carlos Sorín. Foi estreada o 14 de setembro de 2006, en Buenos Aires.

Foi filmada na provincia de Misiones e trátase basicamente dunha “road movie”. O relato está ambientado no 2004, cando o futbolista arxentino Diego Maradona foi internado por graves problemas cardíacos, e miles de persoas se mobilizaron até o hospital no que estaba sendo atendido, para pedir pola súa saúde e expresarlle o seu afecto.

Conta a historia de Tati Benítez, un humilde traballador da madeira, que vive nunha pequena poboación rural na norteña provincia de Misiones, que está en paro, ten á súa muller (Paola Rotela) embarazada e é admirador de Maradona. Tati encontra na selva unha gran raíz de timbó, que aos seus ollos reproduce a imaxe do seu ídolo. Cando Tati coñece os problemas de saúde de Maradona, decide peregrinar á Bos Aires para entregarlle a súa figura, coñecendo no camiño outros personaxes coas súas propias preocupacións.

  1. Ignacio Benítez, Tati Benítez
  2. Carlos Wagner Messerlian La Bella, Waguinho
  3. Paola Rotela, Muller de Tati
  4. Silvina Fontelles, Señora Matilde
  5. Miguel González Colman , Silva
  6. José Armónico, Gauna
  7. Toti Rivas, El Tolo
  8. Marisol Córdoba, Muller do Tolo
  9. Otto Mosdien, Pastor Otto
  10. Claudio Uassouf, Cura
  11. Lila Cáceres, Nai nova
  12. Pascual Condito, Pascual
  13. Juan Villegas (II), Dono Casa Fotografía
  14. Walter Donado, Chofer Ambulancia
  15. Aníbal Maldonado, Contrabandista
  16. Alberto Rodríguez Mujica, Rodríguez
  17. Alberto Rodríguez (III), Soledad
  18. María Marta Alvez, Gardia 1
  19. Alfredo Lorenzo, Cego
  20. Jose Wisniewsky (El Polaco)

Galardóns

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]