Enderezo postal
Un enderezo postal é a indicación do lugar de envío de correo dunha persoa, empresa ou organismo presentado nun formato codificado que serve para localizar con precisión a localización dun edificio ou calquera outra estrutura habitable, xeralmente utilizando as divisións políticas e os nomes das rúas como referencia e outros identificadores como os números dos edificios e dos andares ou o código postal que serven para unha mellor prestación do servizo de correos. As normas relativas á súa presentación dependen de cada país, variando tamén co tempo, pero en xeral o enderezo debe escribirse no centro dereita do anverso dos sobres, postais ou paquetes embaixo do franqueo. A maioría dos servizos de correos contemporáneos dos países desenvolvidos utilizan máquinas de clasificación que converten os enderezos en códigos de barras para a súa distribución cara ao lugar de destino.
Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia emprégase o mesmo sistema de enderezos que no Estado Español recomenda o operador postal público, Correos, e que adoitan tamén empregarse cos operadores privados
Formato | Exemplo |
---|---|
Identidade do destinatario tipo de vía, nome, número, andar e escaleira código postal e localidade Provincia |
Xan Perillán Perillán Ruela das Noces, 999, 3ºB 15706 Santiago de Compostela A Coruña |
Que nas zonas rurais precisa ampliarse con información complementaria
Formato | Exemplo |
---|---|
Identidade do destinatario Información complementaria ao punto xeográfico tipo de vía, nome, número, andar e escaleira código postal e localidade Provincia |
Xan Perillán Perillán Parroquia de San Marcos Carreiro dos Vilas, 9 15789 Santiago de Compostela A Coruña |