(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Epifaniy Shanov - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Epifaniy Shanov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEpifaniy Shanov

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1849 Editar o valor en Wikidata
Kazanlak, Bulgaria Editar o valor en Wikidata
Morte1940 Editar o valor en Wikidata (90/91 anos)
Kazanlak, Bulgaria Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica bizantina búlgara Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Epifaniy Shanov[1] (en búlgaro: Епифаний Шанов), nado o 18 de outubro de 1849 en Kazanlak[2] e finado o 17 de febreiro de 1940 tamén en Kazanlak, foi un eclesiástico católico búlgaro, vigairo apostólico de Macedonia entre 1895 e 1924.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu co nome de Boncho Genchev Shanov, e educouse inicialmente en Kazanlak. Aos 12 anos comezou a estudar no ximnasio grecocatólico de Edirne que levaba a Congregación da Resurrección de Cristo. Posteriormente proseguiu os seus estudos en Roma, e en 1873 foi ordenado sacerdote para a vigairía de Macedonia, comezando o seu ministerio en Tesalónica.

Logo da marcha do vigairo Lazar Mladenov, o 23 de xullo de 1895 foi nomeado vigairo apostólico e bispo titular de Livias. Recibiu a consagración episcopal o 8 de setembro.

En 1909 presentou a renuncia, mais iso non foi aceptado polo delegado apostólico en Constantinopla. Dirixiu a vigairía durante as guerras balcánicas. Logo da guerra perdera a súa diocese, que deixou na práctica de existir. Retirado en Kazanlak, o 17 de decembro de 1921 o papa aceptou a súa renuncia. Finou en Kazanlak o 17 de decembro de 1940.

  1. Tamén Épiphane Chanof
  2. Еленков, Иван (2000). Католическата църква от източен отряд в България: От времето на нейното учредяване с присъединението на част от българския народ към Рим през 1860 г. до средата на ХХ век (en búlgaro). Католическа апостолическа екзархия. p. 190. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Lazar Mladenov
 Vigairo apostólico de Macedonia 
1895 - 1924
Sucesor:
(supresión da sé)