Esox (xénero)
Esox Rango fósil: Cretáceo inferior - Actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lucio (Esox lucius) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||
Esox lucius Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Esox é un xénero de peixes osteíctios da orde dos esociformes, que é o tipo da familia dos esócidos.
As súas especies coñécense con nome vulgar xenérico de lucios.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[1][2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Esox é un termo do latín científico derivado do latín, e este do grego antigo isox, nome dun peixe, tirado dun nome céltico.[3]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, o xéner coñeceuse tamén polos sinónimos:
- Segundo o GBIF:[4]
- Kenoza Jordan & Evermann, 1896
- Luccius Rafinesque, 1810
- Lucius Garsault, 1764
- Lucius Geoffroy, 1767
- Lucius Klein, 1776
- Lucius Rafinesque, 1810
- LuciusWalbaum, 1792
- Mascalongus Jordan, 1878
- Picorellus Rafinesque, 1820
- Trematina Trautschold, 1884
- Segundo o WoRMS:[1]
- Luccius Rafinesque, 1810 (erro ortográfico)
- Lucius Garsault, 1764
- Lucius Rafinesque, 1810
- Lucius Klein, 1776
- Trematina Trautschold, 1884
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade, segundo o WoRMS, recoñécense no xénero as seguintes sete especies:[1]
- Esox americanus Gmelin, 1789
- Esox aquitanicus Denys, Dettai, Persat, Hautecoeur & Keith, 2014
- Esox cisalpinus Bianco & Delmastro, 2011
- Esox lucius Linnaeus, 1758
- Esox masquinongy Mitchill, 1824
- Esox niger Lesueur, 1818
- Esox reichertii Dybowski, 1869
Historia
[editar | editar a fonte]As especies ancestrais de Esox estiveron presentes en Laurentia (que máis tarde se convertería en América do Norte) e en Eurasia desde o Paleóxeno. As especies modernas son orixinarias do paleártico e o neártico, abarcando América do Norte e desde a Europa occidental até Siberia no norte de Asia.[5]
Características
[editar | editar a fonte]Os lucios teñen a forma alongada, semellante a un torpedo, típica dos peixes depredadores, con cabezas acabadas en punta e dentes afiados. A súa cor adoita ser gris-verdosa, moteada ou con raias ao longo das súas costas, que lles subministran camuflaxe entre as herbas submarinas, e cada patrón de cada lucio é único. Poden medrar até unha lonxitude máxima rexistrada de 1,83 m, alcanzando un peso máximo rexistrado de 35 kg.[5]
O seu fociño é parecido ao dun pato. A aleta caudal e bifurcada; os raios das aletas caudais oscilan entren 40 e 50, xeralmente con 17 raios ramificados; sen espiñas. O corpo está cuberto por numerosos pequenas escamas cicloides. A súa liña lateral é completa. Presentan polo menos 8 poros na canle infraorbitaria. A columna vertebral está formada por de 43 a 67 vértebras.[5]
Os lucios son depredadores voraces, alimentándose dunha gran variedade de peixes e outros vertebrados.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Esox Linnaeus, 758 no WoRMS. Consultado o 31 de xullo de 3022.
- ↑ Esox Linnaeus, 1758 na BioLib. Consultada o 31 de xullo de 2022.
- ↑ Esox no Merriam-Webster Ditionary.
- ↑ Esox Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultado o 31 de xullo de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): "Esocidae" Arquivado 31 de xullo de 2022 en Wayback Machine. en FishBase.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esox |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Esox |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Joseph S. Nelson (2006): Fishes of the World. 4th ed. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons. ISBN 0-4712-5031-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Esox Linnaeus 1758 Arquivado 19 de maio de 2022 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Pike in Your Waters.