Estadio Olímpico de Londres
Aparencia
Olímpico de Londres | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 51°32′19″N 0°00′59″O / 51.538611111111, -0.016388888888889 |
Localización | Londres, Reino Unido |
Construción | |
Inauguración | 2012 |
Arquitecto | Populous |
Custo | 537 millóns de libras |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Capacidade | 80.000 |
Propietario | E20 Stadium |
Web | https://www.london-stadium.com/ |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio Olímpico de Londres é un recinto deportivo da capital británica, sito no barrio de Stratford. A súa construción comezou o 22 de maio de 2008 e foi inaugurado o 5 de maio de 2012. O estadio naceu coa misión de ser a sede principal dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Londres 2012, acollendo as probas de atletismo, así como as cerimonias de apertura e clausura.
Tralos eventos olímpicos, o estadio sufrirá unha reforma para reducir a súa capacidade dende os 80.000 asentos ós 60.000, e está previsto que o West Ham United pase a xogar nel os seus encontros de fútbol como local.[1] O 11 de novembro de 2011 a IAAF anunciou que o Estadio Olímpico de Londres acollerá en 2017 a 16ª edición do Campionato do Mundo de Atletismo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El West Ham se va al Estadio Olímpico Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ London selected to host 2017 IAAF World Championships (en inglés)