Eumedonia eumedon
Eumedonia eumedon | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Eumedonia eumedon | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Eumedonia eumedon (sin. Aricia eumedon) é unha bolboreta da familia Lycaenidae, subfamilia Polyommatinae e tribo dos Polyommatini (Esper, 1780).
Distribución
[editar | editar a fonte]Atópase distribuída na zona paleártica.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha pequena bolboreta que ten dimorfismo sexual: a parte superior do macho é de cor gris máis ou menos escura cunha franxa branca; a da femia é de cor marrón con algunhas manchas de cor laranxa submarxinais nas ás posteriores tamén cunha franxa branca. O reverso é de cor beige cun negrón difuso decorado cunha liña submarxinal de puntos amarelos alaranxados aliñados cunha fila de puntos negros rodeados de branco.
Ten unha envergadura alar de 26-30 mm. Os adultos voan de maio a agosto, dependendo da localización.
As eirugas aliméntanse de especies de Geranium e Erodium.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Esta bolboreta foi incluída nos xéneros Plebejus, Plebeius, Polyommatus e Aricia, pero os estudos moleculares recentes demostraron que Eumedonia é un xénero válido, diferente aos anteriores xéneros mencionados.[1][2]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]- Aricia eumedon (Esper, 1780)
- Plebeius eumedon (Esper, 1780)
- Plebejus eumedon (Esper, 1780)
- Papilio chiron (Rottemburg, 1775)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.asturnatura.com/especie/aricia-eumedon.html Aricia eumedon
- ↑ (en alemán) http://www.lepiforum.de/lepiwiki.pl?Aricia_Eumedon Aricia eumedon