(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Exostose - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Exostose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha exostose é unha formación de óso novo na superficie dun óso. As exostoses poden causar dor crónica que varía desde suave a moi severa e debilitante, dependendo da forma, tamaño, e localización da lesión. Atópanse xeralmente nas costelas en forma de pequenas excrecencias, aínda que tamén poden aparecer lesións de maior tamaño nos nocellos, xeonllos, ombreiros e cadeiras. Son moi raras nos ósos do cranio.

As exostoses en ocasións presentan forma de esporón, tales como os esporóns calcáneos.

As infeccións óseas poden provocar exostoses nos ósos adxacentes. O pé de Charcot tamén causa tipicamente estas exóstoses, que poden chegar a ser clinicamente significativas.

Osteofitos

[editar | editar a fonte]

Os osteofitos son protusións óseas que aparecen secundariamente á dexeneración articular producida pola artrose ou osteoartrite.[1] Con todo, non se diferencian significativamente das exostoses.[2]

Rexistro fósil

[editar | editar a fonte]

Atopáronse exostoses en ósos fósiles, estudados polos paleopatólogos, especialistas en lesións e enfermidades antigas. Existen rexistros de exostoses en múltiples especies de dinosauros, tales como Acrocanthosaurus atokensis, Albertosaurus sarcófago, Allosaurus fragilis, Gorgosaurus libratus, e Poekilopleuron bucklandii.[3]

  1. Page 171 in: Diagnosis and Management of Lameness in the Horse. 2010. ISBN 9781437711769. 
  2. "The Medico-chirurgical Review and Journal of Medical Science, Volume 44" (en inglés). 1 de xaneiro de 1844. 
  3. Molnar, R. E., 2001, Theropod paleopathology: a literature survey: In: Mesozoic Vertebrate Life, edited by Tanke, D. H., and Carpenter, K., Indiana University Press, p. 337-363.
  4. "Current paediatric orthopaedic practice in hereditary multiple osteochondromas of the forearm: a systematic review". 21 de marzo de 2018. PMC 5863686. PMID 29565244. doi:10.1051/sicotj/2018002. 
  5. "Hereditary Multiple Osteochondromas". 21 de novembro de 2013. Consultado o 24 de maio de 2018.