Físico, física
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Físico é o nome común que se lles dá aos científicos e profesionais que se dedican á área das ciencias físicas ou a actividades económicas relacionadas coa aplicación das mesmas.
Historicamente, podería considerarse a Galileo Galilei como unha das primeiras persoas cuxo perfil se axusta ao do físico moderno. Galileo foi un dos primeiros en estudar as cuestións acerca do mundo material mediante o método científico. A cuestión que abordou Galileo foi a "caída dos graves" (caída libre dos corpos "graves" ou "pesados", non como as plumas ou follas). Foi un dos primeiros en dar coa ecuación correcta que relacionaba a distancia percorrida por un grave en caída libre en función do tempo.
Aristóteles escribiu o primeiro tratado chamado "Física" que se baseaba na observación e a abstracción, pero non tomaba en conta a experimentación, polo cal, non se lle pode considerar como un físico no sentido moderno do termo.
O termo "físico" foi acuñado en 1840 por William Whewell no seu libro The Philosophy of the Inductive Sciences.[1]
Caracteristícas da Física como profesión
[editar | editar a fonte]Saídas laborais
[editar | editar a fonte]A física é unha ciencia que só é desenvolvida por aquelas persoas que se dedican á investigación. Con todo, a física ten unha gran cantidade de aplicacións técnicas no mundo real, o cal converte os licenciados ou graduados en física nuns dos profesionais con menor taxa de paro.[2]
Debido á súa profunda formación en todas as ramas da física (mecánica, termodinámica, óptica, electromagnetismo, física do estado sólido, física cuántica, electrodinámica) e tamén en matemáticas (álxebra, análise matemática real e complexa, estatística,...), os físicos xeralmente teñen boas capacidades de análise e resolución de problemas técnicos. Por iso, non é de estrañar que os físicos hoxe en día se dediquen a:
- Produción de enerxía.
- Meteoroloxía e medio ambiente.
- Novos materiais.
- Óptica (por exemplo: desenvolvemento de materiais invisibles, pantallas en 3D, etc.).
- Biofísica e física da medicina (raios X, resonancia magnética, novos fármacos, etc.).
- Informática e simulación.
- Econofísica ou uso das ferramentas da Física aplicadas á economía para tratar de predicir os movementos da economía.
Profesión de minorías
[editar | editar a fonte]Tanto nos países en vías de desenvolvemento como nos do primeiro mundo, a proporción de físicos respecto do resto da poboación é pequena. É menor que a proporción de médicos e moito menor que a dos avogados.[3]
Profesión de persoas con amplos estudos
[editar | editar a fonte]O grao mínimo de estudos para dedicarse á investigación en física é a licenciatura en física ou algunha área afín, como enxeñaría, matemáticas ou química. Nos países do primeiro mundo a maioría dos físicos que traballan en universidades ou centros de investigación teñen un doutoramento.
En moitos países, un gran número de físicos con licenciatura dedícanse principalmente á docencia en bacharelato ou secundaria e a labores de computación. Os físicos con doutoramento dedícanse a desenvolver investigación en centros e laboratorios estatais ou privados, e a docencia nas universidades.[3]
Profesión de baixo risco
[editar | editar a fonte]A expectativa de vida dos físicos respecto doutras profesións é alta. Malia isto, o índice de suicidios entre os físicos é un pouco maior que entre o resto da poboación, pero menor que entre os artistas.[4]
Honores e premios
[editar | editar a fonte]O honor máis alto outorgado hoxe en día aos físicos é o Premio Nobel de Física, premio outorgado desde 1901 pola Real Academia das Ciencias de Suecia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Whewell, William. John W Parker J&J Deighton, ed. The Philosophy of the Inductive Sciences. Part 1. Cambridge. p. cxiii.
- ↑ Páxina do grao en Física da Universidade de Granada (UGR): Grado en Física
- ↑ 3,0 3,1 "Física en contexto. Una visión unificada de sus conceptos y resultados". José Leonel Torres. México. Ed. Trillas. 2003. p. 267 §4.
- ↑ "Física en contexto. Una visión unificada de sus conceptos y resultados". José Leonel Torres. México. Ed. Trillas. 2003. p. 269 §2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Físico, física |
- Physicists and Astronomers; US Bureau of Labor Statistics, Occupational Outlook Handbook, Physicists and Astronomers (en inglés)
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |