(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Fanny Brice - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Fanny Brice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFanny Brice

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1891 Editar o valor en Wikidata
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte29 de maio de 1951 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWestwood Village Memorial Park Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeatro, filme, Radio, música e radiodifusión Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmúsica, modelo, locutora de radio, actriz de cinema, cantante, actriz de teatro, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1951 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop tradicional Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoVictor Talking Machine Company Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBilly Rose (1929–1938)
Nicky Arnstein (1919–1927) Editar o valor en Wikidata
FillosWilliam Brice
 () Nicky Arnstein Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0108511 Allmovie: p8403 IBDB: 66952
Musicbrainz: b500874c-8c7d-4353-b928-e1affdd4155b Discogs: 1513809 WikiTree: Borach-1 Find a Grave: 133 Genius: Fanny-brice Editar o valor en Wikidata

Fania Borach, nada en Nova York o 29 de outubro de 1891 e finada nos Ánxeles o 29 de maio de 1951,[1] foi unha cómica, modelo, cantante e actriz estadounidense, coñecida como Fanny Brice ou Fannie Brice.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Fanny Brice naceu en Nova York, no seo dunha familia de orixe xudía húngara, con dous irmáns máis vellos ca ela. O seu irmán máis novo Lew Brice, tamén foi artista, e o primeiro marido da actriz Mae Clarke.[2]

En 1908 deixou a escola para traballar nunha revista burlesca, e dous anos máis tarde comezou a súa asociación con Florenz Ziegfeld, sendo titular das súas Ziegfeld Follies desde 1910 ata os anos 30.[1]

Nas Follies de 1921 cantou a canción "My Man", que acadou un grande éxito e foi a súa canción máis representativa. Tamén a gravou para o selo Victor Records. A segunda canción máis asociada con ela foi "Second Hand Rose". Gravouna numerosas veces para Victor e tamén para Columbia.

Entre os seus filmes destacaron My Man (1928), Be Yourself! (1930) e Everybody Sing (1938), con Judy Garland. Brice, Ray Bolger e Harriet Hoctor foron os únicos intérpretes orixinais de Ziegfeld que se interpretaron nos filmes The Great Ziegfeld (1936) e Ziegfeld Follies (1946). Polas súas contribucións ao cinema e á radio, Brice foi incluída posturmamente no Paseo da Fama de Hollywood con dúas estrelas.[3]

Desde a década de 1930 ata a súa morte en 1951, Fanny actuou na radio como unha irritante nena chamada Snooks, papel que interpretou por primeira vez nun sketch de Follies. Primeiro con Alan Reed e despois con Hanley Stafford como pai, Baby Snooks estreouse en The Ziegfeld Follies of the Air en febreiro de 1936 na CBS. Trasladouse á NBC en decembro de 1937, interpretando a Snooks como parte do programa Good News, e despois regresou á CBS con Maxwell House Time, un programa dividido entre números de Snooks e do humorista Frank Morgan, en setembro de 1944. Volveu de novo á NBC en novembro de 1948, cun programa propio, inicialmente chamado Toasties Time e máis tarde coñecido como The Baby Snooks Show.

Brice era tan meticulosa co seu espectáculo e coa súa personaxe que se sabe que actuaba vestida de nena, a pesar de ser vista só polo público do estudo. Tiña 45 anos cando o personaxe comezou a súa vida radiofónica. Ademais de Reed e Stafford, os seus compañeiros de elenco incluíron a Lulu Roman, Lalive Brownell, Lois Corbet e Arlene Harris como a súa nai, Danny Thomas como Jerry, Charlie Cantor como Uncle Louie e Ken Christy como Mr. Weemish.

Brice e Stafford levaron a Baby Snooks e Daddy á televisión só nunha ocasión, unha actuación de 1950 no Popsicle Parade of Stars da CBS. Despois da experiencia, devolveu a Stafford e a súa personaxe á seguridade da radio, onde fixo a súa seguinte actuación no mítico programa de Tallulah Bankhead The Big Show en novembro de 1950, coprotagonizado por Groucho Marx e Jane Powell.[4]

Seis meses despois da súa actuación en The Big Show, Fanny Brice faleceu en Hollywood aos 59 anos por mor hemorraxia cerebral.[5] Está enterrada no cemiterio do Westwood Village Memorial Park nos Ánxeles.

Matrimonios

[editar | editar a fonte]

Brice tivo un matrimonio de tres anos na súa adolescencia cun peiteador local, Frank White.[5] O seu segundo marido foi un xogador profesional, Nicky Arnstein. Antes da súa voda, Arnstein estivo recluído 14 meses en Sing Sing, onde Brice o visitaba semanalmente. Casaron en 1918 despois de viviren xuntos durante seis anos.

En 1924 Arnstein foi acusado dun roubo de fianzas en Wall Street. Brice insistiu na súa inocencia e pagou os altísimos custos da defensa. Arnstein foi condenado e cumpriu tres anos na penitenciaría federal de Leavenworth, Kansas. Liberado en 1927, Arnstein desapareceu das vidas de Brice e dos seus dous fillos. Para o seu pesar, Brice divorciouse del.

En 1929 casou co compositor e produtor de teatro Billy Rose[6] e actuou na súa revista Crazy Quilt, entre outros. Brice solicitou o divorcio de Rose en 1938.[7]

[editar | editar a fonte]

Aínda que se cambiaron os nomes das personaxes principais, a trama do filme de 1939 Rose of Washington Square inspirouse no matrimonio e a carreira de Brice, ata o punto de tomar prestado o título dunha canción que interpretou nos Follies e incluída "My Man". Demandou a 20th Century Fox por invadir a súa privacidade e gañou o caso. O produtor Darryl F. Zanuck viuse obrigado a eliminar varios números asociados á actriz.

Barbra Streisand interpretou a Brice no musical de Broadway Funny Girl de 1964, que se centrou no ascenso á fama de Brice e na súa turbulenta relación con Arnstein. En 1968 Streisand gañou o Oscar á mellor actriz por interpretar o mesmo papel na súa versión cinematográfica. A secuela de 1975 Funny Lady centrouse na relación de Brice co empresario Billy Rose.[1]


  1. 1,0 1,1 1,2 Colin Larkin, ed. (1992). The Guinness Encyclopedia of Popular Music (First ed.). Guinness Publishing. p. 325. ISBN 0-85112-939-0. 
  2. Goldman, Herbert G. (1992). Fanny Brice. Oxford University Press. pp. 7–10. ISBN 978-0-19-535901-5. 
  3. "Hollywood Walk of Fame – Fanny Brice". walkoffame.com/. Hollywood Chamber of Commerce. Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  4. "Let There Be Laughter – Jewish Humor Around the World". Beit Hatfutsot. 12 de marzo de 2019. 
  5. 5,0 5,1 "Fanny Brice Dies at the Age of 59". The New York Times. 30 de maio de 1951. Consultado o 26 de outubro de 2014. 
  6. "New York City Marriage Index, 1866–1937". Ancestry.com. New York City Department of Records/Municipal Archives. 
  7. "Billy Rose Free to Wed Again – And So's Fannie". Brooklyn Daily Eagle. 27 de outubro de 1938. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]