Ferriños
Os ferriños ou triángulo é un instrumento musical de percusión idiófono. É unha barra cilíndrica de metal (normalmente aceiro) dobrada en dous puntos para darlle forma triangular, e está aberto por un dos seus vértices. A súa orixe está no século XVI.
Está suspendido dunha cordiña, de xeito que vibra o bater nel cunha variña de aceiro ou de ferro. O son é de frecuencia indefinida, moi claro, agudo e penetrante. O músico pode facer que o son do triángulo sexa aberto ou pechado dependendo de como o sosteña, podendo apagalo se o toca coa man.
Aínda que a forma é a dun triángulo equilátero, os primeiros ferriños eran triángulos isósceles. No lado máis curto, ademais, tiñan pequenos aneis.
Uso
[editar | editar a fonte]
| |||||
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. |
Na música clásica emprégase dende o século XVII, posto que a súa gran sonoridade que permite que sexa oído por riba da orquestra. Wolfgang Amadeus Mozart, Joseph Hayden o Ludwig van Beethoven o usaron, aínda que poucas veces, normalmente imitando as bandas Janissary. A primeira peza composta onde os ferriños teñen unha presenza importante foi o Concerto para piano Nº1 de Franz Liszt, onde aparece como instrumento solista no terceiro movemento, o que fai que a peza sexa coñecida como "Concerto para triángulo". Xa no século XIX os ferriños foron empregados nalgunhas composicións de Richard Wagner, como na ópera Lohengin.
Na música folk, a samba e no rock é sostido normalmente coa man, de xeito que o son amortíguase para varia-lo ton. Na música cajún (onde se coñece co nome de tit-fer) úsase como instrumento para marcar o ritmo principal se non se empregan tambores.
Salvando a modulación de ton e o apagado, parece que os ferriños non precisan de ningunha habilidade musical especial para. Isto fai que en ocasións os cómicos o empreguen en contos e bromas onde é o típico instrumento que non esixe habilidade ningunha. A pesar diso o papel do triángulo nunha obra clásica pode chegar a ser moi esixente e en mans dun experto o instrumento pode ser sorprendentemente sutil e expresivo.
A meirande parte da dificultade está na complexidade rítmica que en ocasións se esixe, e tamén na dificultade de controlar o volume. As notas máis silenciosas poden conseguirse batendo nel con ferros lixeiros, chegando a empregar agullas de calceta para as notas máis caladas. Os compositores indican indicar que se debe tocar cun pau de madeira. Cando se trata de ritmos rápidos e complexos pode incluso colgarse nun soporte para poder tocalo a dúas mans, inda que fai máis difícil o control
Intérpretes
[editar | editar a fonte]Un intérprete de triángulo notable de John Deacon, do grupo Queen, que tocaba o triángulo nos concertos de Killer Queen, colgándoo do micrófono. O percusionista dos Foo Fighters tocou un solo de 20 segundos durante os concertos que deu o grupo diante de 85 000 persoas no Estadio Wembley, o 6 e 7 de xuño de 2008.
Tamén resulta moi identificable o triángulo no inicio do tema da Pantera Rosa, de Henry Mancini.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ferriños |