(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Filosofía da natureza - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Filosofía da natureza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Filosofía natural»)

A filosofía da natureza, ás veces chamada filosofía natural ou cosmoloxía é o nome que recibiu a rama da ciencia que hoxe coñecemos como física ata mediados do século XIX. Así, o coñecido tratado de Isaac Newton, Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica debería entenderse como Principios Matemáticos da Física.

Na Idade Antiga

[editar | editar a fonte]

Os primeiros filósofos gregos estudaron a natureza (physis) trataron de establecer a orixe e a constitución dos seres naturais. As súas conclusións serviron de base ás teorías científicas desenvolvidas no noso tempo.

Os filósofos gregos entendían a natureza como unha substancia permanente e primordial que se mantén a través dos cambios que sofren os seres naturais.

O título de "filósofos da natureza" pódeselle adxudicar aos filósofos presocráticos quen se interesaron polo problema cosmolóxico, é dicir pola orixe do mundo, e trataron de dar resposta aos seus interrogantes partindo de obxectos concretos da natureza aos que chamaron Arché (principio). Por exemplo, Tales de Mileto identificou a orixe do cosmos na auga. Os filósofos presocráticos caracterizáronse por identificar a orixe da natureza noutras cousas naturais, como a auga, o aire, o lume etc. Unha excepción foi Anaximándro, discípulo de Tales, quen atopou a orixe da natureza en to ápeiron (τたうὸ ἄπειρον), é dicir, o indeterminado.

Na Idade Media

[editar | editar a fonte]

O desenvolvemento das novas concepcións racionais, leva un novo concepto da maxia, non hai unha liña divisoria clara entre unha imaxe científica e unha imaxe máxica, aínda que aos poucos entre ambas dan un novo concepto de mundo. Consideramos maxia aquilo que aínda non coñecemos, cando se alcanza coñecemento científico descóbrese que aquela maxia non é máis que coñecemento vulgar, intenta atopar claramente a distinción entre coñecemento e maxia. A maxia é unha actividade práctica que transforma a natureza ao inserirse no xogo das súas leis mediante recursos técnicos. É un interese que busca a clave escondida da natureza e que esta latexando, e representa a capacidade do home de destacar o seu sinal na natureza, dominio da natureza, convértese en algo expósito.

A tendencia foi de reducir a maxia á ciencia, pero non seria adecuado interpretar a este proceso como lineal, sinxelo e directo. Foi máis ben un proceso de ida e volta, con vaivéns. É importante destacar os textos herméticos. Na Idade Media o mago é tido como demo, alguén que vai en contra do mundo perfecto, é aquel que se sae da orde do racional, baséase máis na experiencia e a experiencia é un sinsentido irracional. A experiencia está por baixo da razón, e polo tanto é condenable. A teoloxía representa a orde da razón, o que esta máis aló rompeu a barreira da orde establecida. A maxia representaba que todas as cousas non estaban baixo a orde de Deus, hai unha certa relación de influencia mutua.

A natureza é concibida como organismo universal, autosuficiente, un sistema unificado de forzas omnipresentes animado por unha alma cósmica na que a distinción entre o vivo (o espírito), e o non vivo (a materia), perde o seu significado. Todo está vivo, o universo está vivo, as cousas nese organismo non ocorren porque algún ser non natural interveña nel.

Na Idade Moderna

[editar | editar a fonte]

O século XVI é un século de grandes avances en botánica e demais ciencias naturais. Ademais, os europeos chegan a América.

A filosofía da natureza atópase entre o Renacemento e o desenvolvemento científico posterior. Os pensadores desta época nin son científicos, nin humanistas, senón que están no medio, mesturando un pouco de todo, algunhas veces privilexiando a especulación, outras veces a experimentación. Ao comezo do século XVI, o cambio de mentalidade debido á reforma protestante inflúe neles. Cun novo sentimento de superioridade, os filósofos da natureza rompen coa tradición aristotélica.

Aos poucos vai xurdindo unha nova concepción do mundo, do home, unha nova idea universal. Os artistas adquiren un peso específico, porque son construtores de instrumentos, son experimentadores.

Principais filósofos da natureza

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]