Flor da abella
Flor da abella | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Ophrys scolopax' Cav., 1793 |
A flor da abella, Ophrys scolopax,[1] é unha orquídea terrestre europea. O seu xinostema pode lembrar a cabeza e o peteiro dunha arcea, de aí o seu nome científico (scolopax é unha palabra latina de orixe grega que significa "arcea").
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha planta mediana (20-50 cm), cun talo delgado, a inflorescencia é bastante solta, composta de 3 a unhas dez flores. As flores son bastante variables, pero o aspecto xeral do labelo é sempre alongado e trilobulado, con bordos laterais claramente rebaixados, con forte xibosidade. O lóbulo mediano do labelo remata nun apéndice enteiro verdoso ou trilobulado.
Floración
[editar | editar a fonte]De marzo a maio.
Hábitat
[editar | editar a fonte]É unha especie que aprecia a luz (matogueiras, céspedes, breixos) ou a sombra parcial (claros de piñeiros).
Distribución
[editar | editar a fonte]España, Portugal, Italia, norte de África.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Xinostema en forma de arcea (Sète, Francia).
-
Ophrys scolopax.
-
Ophrys scolopax, (Ariège, Francia).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións