(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Foot Locker - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Foot Locker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tenda de Foot Locker.

Foot Locker é unha multinacional estadounidense adicada ao calzado e roupa deportiva. A súa sede atópase en Nova York e opera en máis de 20 países con cerca de 3 900 franquías. Como principal sinal de identidade, o seu logotipo e os seus empregados visten un uniforme similar ao dos árbitros nas ligas deportivas americanas.

No 1963 o grupo Woolworth mercou unha empresa adicada ao calzado, Kinney Shoe Corporation, que converteu nunha filial. Desta compañía xurdiron tendas de calzado especializadas, entre as cales se encontraba a adicada a calzado e roupa deportiva, Foot Locker, no 1974. Ese mesmo ano abre a súa primeira tenda en California.1

A marca comezou axiña a expandirse por todo Estados Unidos e incluso iniciou operacións en Europa na década de 1980. Porén, isto chocaba co declive da súa propietaria Woolworth, que comezou a pechar varias das súas tendas por todo o país. As operacións de Foot Locker pasaron a ser controladas por unha entidade chamada Woolworth Company, que coa quebra da matriz no 1997 pasou a ser Venator Group, e Foot Locker converteuse na principal empresa de calzado do grupo Kinney. No 1998, Venator anuncia o peche de todas as antigas tendas de Kinney, o que converte a Foot Locker na empresa principal do grupo,2​ e en 2001 o propio grupo cambiou o seu nome polo de Foot Locker Inc.3

  1. ↑ El Mundo, ed. (9 de xaneiro de 2004). «Benetton traspasa su tienda de Portaferrissa a la cadena Foot Locker».
  2. ↑ Kinney's Memories, ed. (9 de xaneiro de 2004). «Historia de Kinney» (en inglés).
  3. ↑ All Business, ed. (2 de novembro de 2001). «Venator Group, Inc. Announces Name Change to Foot Locker, Inc.» (en inglés). Arquivado desde o orixinal o 23 de marzo de 2010.