(Translated by https://www.hiragana.jp/)
François Bazin - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

François Bazin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrançois Bazin

(1865) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de setembro de 1816 Editar o valor en Wikidata
Marsella, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xullo de 1878 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 32 Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatorio de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, profesor de música, director de orquestra Editar o valor en Wikidata
EmpregadorConservatorio de París Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoÓpera Editar o valor en Wikidata
MovementoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresVictor Dourlen (pt) Traducir, Jacques Fromental Halévy (pt) Traducir e Henri-Montan Berton (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosJules Massenet, Théodore Dubois (pt) Traducir e Adolphe Danhauser (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1200447 Musicbrainz: 5d48deb4-eff4-488b-b4e6-0be9295ac852 Discogs: 1871512 IMSLP: Category:Bazin,_François Find a Grave: 7813 Editar o valor en Wikidata
François Bazin

François Emmanuel Joseph Bazin, nado en Marsella o 4 de setembro de 1816 e finado en París o 2 de xullo de 1878, foi un compositor e pedagogo francés. Compuxo nove óperas cómicas, un oratorio, unha misa e diversas cancións corais nun estilo romántico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun funcionario marsellés, en 1836 ingresou no Conservatorio de París, onde foi alumno de Daniel Auber. Tras finalizar os seus estudos ensinou no conservatorio parisiense, sendo sucedido despois polo seu propio alumno Émile Durand. Entre outros dos seus alumnos cómpre destacar a Dominique Ducharme, Charles Lecocq, Adolphe Danhauser, Paul Rougnon, André Wormser, Georges Mathias, ou Théodore Salomé.

En 1840, con 23 anos de idade, gañou o Prix de Rome coa súa cantata Loyse de Monfort, polo que marchou a Italia coa bolsa do premio. Le voyage en Chine, que foi estreada na Opéra-Comique de París, é a súa composición máis coñecida, e continuou a ser representada no século XX. Aínda que moitas das súas óperas lixeiras foron populares durante a súa vida, actualmente rara vez se representan. Algunhas das súas arias son interpretadas ocasianalmente na actualidade, entre as que destaca "Je pense à vous" de Maître Pathelin, gravada por Roberto Alagna.

Logo de 1860 substituíu a Charles Gounod, quen renunciara á dirección do orfeón municipal de París, sendo substituído por Adolphe Danhauser na institución logo da súa morte en 1878.

En 1873 converteuse en membro do Institut de France e recibiu a distinción de Cabaleiro da Lexión de Honor. Bazin morreu aos 61 anos cando traballaba en París e os seus restos están no Cemiterio do Père-Lachaise da capital francesa. Estudou no conservatorio de París e ao rematar marchou a Italia, ao volver foi profesor de canto no conservatorio e dende 1849 profesor de harmonía.

  • Le Trompette de M. le Prince, 1846.
  • Le Malheur d'être jolie, 1847.
  • La Nuit de la Saint-Sylvestre, 1849.
  • Madelon, 1852.
  • Maître Pathelin, 1856.
  • Les Désespérés, 1858.
  • Marianne, 1861.
  • Le Voyage en Chine, 1865.
  • L'Ours et la pacha, 1870.
  • Maître Pathelin
  • Le Voyage en Chine
  • Airs extraits

Aberturas

[editar | editar a fonte]
  • L'Ours et le pacha
  • La Madelon
  • Canto só ou a cappella :
    • 3 voces: O douce paix
    • 4 voces: Symphonie vocale n° 2
    • Chants pour les orphéons (12 das 25 obras das Soirées orphéoniques. Collections de choeurs approuvés par la Commission du chant de la ville de Paris pour les orphéons de France. Première collection. 1860, Lescudier, París)
  • Canto con ou sen acompañamento de órgano ou harmonio (piano):
    • Divers chœurs

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]