François Mansart
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xaneiro de 1598 París, Francia |
Morte | 23 de setembro de 1666 (68 anos) París, Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | arquitecto |
Movemento | Grand Siècle (pt) |
Profesores | Salomon de Brosse (pt) |
Alumnos | Jules Hardouin-Mansart (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parentes | Jules Hardouin-Mansart, second nephew |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Mansard, François |
François Mansart, nado en París o 13 de xaneiro de 1598 e finado na mesma cidade o 23 de setembro de 1666, foi un arquitecto francés, introdutor do clasicismo na arquitectura barroca de Francia. A Encyclopædia Britannica cítao como o arquitecto francés do século XVII de maior logro, con obras recoñecidas polo seu alto grao de refinamento, sutileza e elegancia.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]François era fillo dun mestre carpinteiro e non foi formado como arquitecto; ao perder bastante novo o seu pai, a súa familia axudouno a capacitarse como cantero e escultor. Crese que puido aprender a profesión de arquitecto no estudio de Salomon de Brosse, o máis popular arquitecto do reinado Henrique IV.
Mansart foi altamente recoñecido dende a década de 1620 polo estilo, habilidade e calidade da súa arquitectura, mais foi considerado como un perfeccionista testán, que non dubidaba en demoler as súas estruturas coa fin de volver comezar a construír sobre elas. Só os máis ricos podían permitirse p luxo de traballar con el.
O único exemplo que sobrevive dos seus primeiros traballos é o castelo de Balleroy, encargado por Gastón de Orleáns, inicidao en 1626. O propio duque quedou tan compracido co resultado que invitou a Mansart a renovar o castelo de Blois en 1635. O arquitecto pretendeu reconstruír esta antiga residencia real de forma completa, mais os seus proxectos foron bloqueados e só se reconstruíu cos planos de Mansart a á norte, en que empregou de xeito hábil as ordes clásicas. En 1632, Mansart deseñou a igrexa de Santa María dos Anxos usando o Panteón como inspiración.[2]
A maioría dos edificios de Mansart posteriormente foron reconstruídos ou demolidos. O mellor edificio preservado da súa época de maior madureza é o palacio de Maisons-Laffitte, que unicamente conserva a decoración orixinal do seu interior, incluída unha magnífica escaleira. A estrutura é estritamente simétrica, e dá moita importancia ao relevo. Pénsase que serviu de inspiración do Neoclasicismo do século XVIII.
Na década de 1640, Mansart traballou no convento e na igrexa de Val-de-Grâce en París, unha encarga moi codiciada de Ana de Austria. Alegouse o despilfarro en que incorreu para ser apartado e substituído das obras por un arquitecto máis tratable, que fundamentalmente se dedicou a seguir o proxecto elaborado por Mansart.
En 1650, Mansart foi escollido como obxectivo por políticos inimigos do primeiro ministro, o cardeal Mazarino para o que Mansart traballaba frecuentemente. En 1651 publicaron La Mansarade, un panfleto acusando o arquitecto de salvaxes extravagancias e maquinacións.
Logo da ascensión ao trono de Lois XIV, Mansart perdeu moitos encargos. O seu proxecto para remodelar o Louvre e o mausoleo real de Saint-Denis nunca se executaron xa que non enviou planos detallados. Algúns dos seus plans foron retomados posteriormente polo seu sobriño neto, Jules Hardouin-Mansart, que non era tan enxeñoso e individualista e buscaba máis o agrado da súa clientela.
Mansart exerceu grande influencia na obra do arquitecto barroco austríaco Johann Bernhard Fischer von Erlach e no arquitecto inglés Christopher Wren.
Mansarda
[editar | editar a fonte]O seu nome está asociado en arquitectura coa mansarda.[3] Denomínase así á xanela disposta sobre o tellado dunha casa para iluminar e ventilar o faiado polo olor a fume, na fachada dun edificio, cuberta por un teito de tellas moi inclinado, dando por resultado un elemento ornamental que adoita coroar o edificio. Con todo, Mansart non inventou este elemento, senón que o tomou da arquitectura italiana e o popularizou en Francia. O seu sobriño neto Jules Hardouin-Mansart deu prestixio a esta estruturao ao utilizalo no palacio de Versalles.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Château de Balleroy, obra conservada máis antiga de Mansart
-
Templo du Marais, construído como igrexa de Santa María dos Anxos
-
Château de Maisons, obra definitoria da arquitectura francesa en que se observan as mansardas sobre o tellado
-
Igrexa de Val-de-Grâce, construída para Ana de Austria
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Western Architecture - France, Encyclopædia Britannica
- ↑ Pénin, Marie-Christine. "Couvent des Filles de la Visitation Sainte-Marie de la rue Saint-Antoine". Tombes Sépultures dans les cimetières et autres lieux (en francés).
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mansarda.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: François Mansart |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Perrault, Charles (1696). "François Mansart". Les hommes illustres qui ont paru en France pendant ce siècle - avec leur portraits au naturel (en francés) 1 (2 vols. folio ed.). París. pp. 87–88.