Gala Placidia
Nome orixinal | (la) Galla Placidia |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 386 Constantinopla (Imperio Romano) |
Morte | 27 de novembro de 450 (63/64 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Mausoléu de Gala Placídia (pt) |
Roman Empress (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | política |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano |
Outro | |
Título | Emperatriz consorte |
Familia | Theodosian dynasty (en) |
Cónxuxe | Ataúlfo Constâncio III |
Parella | Eucher |
Fillos | Teodósio () Ataúlfo Justa Grata Honória () Constâncio III Valentiniano III () Constâncio III |
Pais | Teodosio I e Gala |
Irmáns | Arcadio Flavio Honorio |
Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft A Cyclopaedia of Female Biography |
Elia Gala Placidia (en latín, Aelia Galla Placidia), coñecida como Gala Placidia, nada en Tesalónica en 388 e finada en Roma o 27 de novembro de 450, foi unha nobre romana, filla do emperador Teodosio I (quen reinou do 378 ao 395) e da súa segunda esposa Gala. Era neta por parte materna de Valentiniano I, emperador de Occidente, e sobriña de Graciano e Valentiniano II.[1] Os seus medio irmáns, Honorio e Arcadio, foron emperadores das partes occidental e oriental do imperio romano, respectivamente.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Trala morte do seu pai no ano 395, permaneceu en Roma xunto á súa tía Constancia, filla do emperador Constancio II e esposa do emperador Graciano. Cando se produciu o saqueo de Roma, os visigodos tomárona como refén e finalmente casou con Ataúlfo, cuñado do rei Alarico.
Coroado Ataúlfo como rei dos visigodos, tivo un fillo con el que faleceu aos poucos meses. Viúva, foi devolta ao seu irmán Honorio, que lla prometeu ao xeneral Constancio III, o cal foi asociado ao goberno do Imperio Romano de Occidente (417). Deste segundo matrimonio tivo dous fillos: Valentiniano III e Honoria. Morreu no 450, despois de gobernar en nome do seu fillo como rexente desde 423 até 437.
En Rávena construíu dúas basílicas. Unha dedicada a San Xoán o Bautista e a outra á Santa Cruz. Da segunda só sobrevive o oratorio de San Lourenzo, coñecido como Mausoleo de Gala Placidia. En Roma finalizou a basílica de San Xoán Laterano, hoxe Letrán.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fuentes Hinojo, Pablo (2004). Gala Placidia: una soberana del imperio cristiano (en castelán). San Sebastián: Editorial Nerea. ISBN 84-89569-98-3.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
- ↑ Fuentes Hinojo 2004, p. 13