(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Galaxia irregular - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Galaxia irregular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NGC 1427A é un exemplo de galaxia irregular. É unha galaxia da categoría Irr-I situada a uns 52 millóns de anos luz.

Unha galaxia irregular é unha galaxia que non ten unha forma regular, a diferenza das galaxias espiral ou elípticas.[1] As galaxias irregulares non se poden encadrar en nigunha das clases regulares da secuencia de Hubble, e xeralmente teñen unha aparencia caótica, sen bulbo nuclear nin nigunha traza de estruturas como os brazos espirais.[2]

En conxunto constitúen a cuarta parte de todas as galaxias. Algunhas galaxias irregulares foron anteriormente espirais ou elípticas pero foron deformadas por forzas gravitatorias externas desiguais. As galaxias irregulares poden conter cantidades abundantes de gas e po.[3] Isto non é necesariamente certo para as ananas irregulares.[4]

Hai tres grandes tipos de galaxias irregulares, que son:[5]

  • Galaxia Irr I. É unha galaxia irregular que presenta algunha estrutura mais non a suficiente como para situala facilmente na secuencia de Hubble.
    • O subtipo con algunhas estrutura espiral denomínase galaxia Sm.
    • O subtipos sen estrutura espiral denomínase galaxia Im.
  • Galaxia Irr II. É unha galaxia irregular que parece non presentar ningunha estrutura que se poida encadrar na secuencia de Hubble.
  • Galaxia A dI (ou dIrrs). É unha galaxia anana irregular[6] Agora crese que este tipo de galaxia é importante para comprender a evolución global das galaxias, xa que adoitan ter un baixo nivel de metalicidade e niveis relativamente altos de gas, e crese que son similares ás primeiras galaxias que poboaron o Universo. Poden representar unha versión local (e, por tanto, máis recente) de galaxias azuis débiles que se sabe que existen no Campo Ultraprofundo do Hubble.

Algunhas das galaxias irregulares, especialmente do tipo magallánico, son pequenas galaxias espirais que están sendo distorsionadas pola gravidade dun veciño máis grande.

Nubes de Magalláns

[editar | editar a fonte]

As galaxias das Nubes de Magalláns foron algunha vez clasificadas como galaxias irregulares. A Gran Nube de Magalláns foi despois reclasificada como do tipo SBm,[7] que é un tipo de galaxia espiral barrada, o tipo espiral magallánica barrada. A Pequena Nube de Magalláns segue clasificada como galaxia irregular de tipo Im na ctual clasificación morfolóxica das galaxias, aínda que contén unha estrutura barrada.

  1. Butz, Stephen D. (2002). Science of Earth Systems. Cengage Learning. p. 107. ISBN 978-0-7668-3391-3.
  2. Morgan, W. W. & Mayall, N. U. (1957). "A Spectral Classification of Galaxies." Publications of the Astronomical Society of the Pacific. 69 (409): 291–303.
  3. Faulkes Telescope Educational Guide - Galaxies - Irregulars
  4. Walter, F. et al. Astophys J 661, 102 - 114, 2007
  5. Gallagher, J. S. & Hunter, D. A. (1984). "Structure and Evolution of Irregular Galaxies." Annual Review of Astronomy and Astrophysics. 22: 37-74. doi 10.1146/annurev.aa.22.090184.000345
  6. Grebel, Eva K. (2004). The evolutionary history of Local Group irregular galaxies. in McWilliam, Andrew; Rauch, Michael (eds) Origin and evolution of the elements. Cambridge University Press. p. 234-254. ISBN 978-0-521-75578-8.
  7. Corso, G. and Buscombe, W. The Observatory, 90, 229 - 233 (1970) On the spiral structure of the Large Magellanic Cloud
  8. "Surveying the cosmos". www.spacetelescope.org. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2020. Consultado o 19 de xuño de 2017. 
  9. "Spotlight on IC 3583". www.spacetelescope.org. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2019. Consultado o 28 de novembro de 2016. 
  10. "A lopsided lynx". www.spacetelescope.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2020. Consultado o 9 de agosto de 2016. 
  11. "A distinctly disorganised dwarf". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2016. 
  12. "Meeting the neighbours". www.spacetelescope.org. ESA/Hubble. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2020. Consultado o 8 de xuño de 2015. 
  13. "A spattering of blue". www.spacetelescope.org. ESA/Hubble. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2019. Consultado o 8 de setembro de 2014. 
  14. "A cosmic optical illusion". ESA/Hubble Picture of the Week. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2018. Consultado o 20 de agosto de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]