Gasherbrum I
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | Prefeitura de Kashgar, República Popular da China (pt) | |||
| ||||
Cordilleira | Gasherbrum (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 8.080 m | |||
Prominencia topográfica | 2.155 m | |||
Illamento topográfico | 24 km | |||
Clasificación dos cumes | Oitomil | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
5 de xullo de 1958 | primeira ascensión | |||
O Gasherbrum I é unha montaña de 8080 m de altitude que se sitúa como décimo primeira cima máis alta do planeta. O Gasherbrum I forma parte do macizo do Gasherbrum, situado na cadea do Karakorum, un xigantesco ramal do Himalaia, na fronteira entre Paquistán e a China.
Toponimia
[editar | editar a fonte]En 1856, cando se fixo o primeiro recoñecemento do Karakorum, T. G. Montgomery nomeouno K5 por ser o quinto pico de dita cordilleira. Porén, en 1892 William Martin Conway deulle o nome de Hidden Peak (Pico Oculto ou Escondido), en referencia ao seu extremado afastamento. O topónimo Gasherbrum é un orónimo en lingua balti, formado polas palabras "rgasha" (fermosa) e "brum" (montaña).
Ascensións
[editar | editar a fonte]A primeira ascensión foi realizada por unha expedición norteamericana o 5 de xullo de 1958, so a dirección de Nich Clinch. Dous membros alcanzaron a cima: Pete Schoening e Andy Kauffman.
No ano 1983 houbo tres expedicións, suíza, polaca e española, que atinxiron o cume.
O alpinista vigués Abel Alonso faleceu xunto con Xebi Gómez e Álvaro Paredes, despois de facer cumio o 21 de xullo do 2013 ao perderse nunha tormenta no descenso.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ X. R. Castro (27 de xullo de 2013). "Una caída mortal acabó con la vida del alpinista Abel Alonso". La Voz de Galicia (en castelán).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gasherbrum I |