(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Giacinto Facchetti - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Giacinto Facchetti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGiacinto Facchetti

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1942 Editar o valor en Wikidata
Treviglio, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte4 de setembro de 2006 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Milán, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro
cancro de páncreas Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–2006)
Reino de Italia (1942–1946) Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso85 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFútbol Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfutbolista , funcionario deportivo , xerente Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor en Wikidata - 1978 Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1960-1978 Football Club Internazionale Milano 476(59) Editar o valor en Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1963-1977   Italia 94(3)
1964-1964   Italia sub-21 1(0) Editar o valor en Wikidata
Participou en
1974Mundial de Fútbol Alemaña 1974
1970Mundial de Fútbol México 1970
xuño de 1968Eurocopa de Fútbol Italia 1968
xullo de 1966Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webgiacintofacchetti.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1705043 Discogs: 4804302 FIFA: 28754 UEFA: 36629 Editar o valor en Wikidata

Giacinto Facchetti, nado o 18 de xullo de 1942 en Treviglio e finado o 4 de setembro de 2006 en Milán, foi un futbolista italiano que xogaba na demarcación de defensa. Foi campión da Eurocopa de Fútbol de Italia 1968.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no equipo da súa cidade natal, o CS Trevigliese. No ano 1960 fichou polo Inter de Milán da man do técnico arxentino Helenio Herrera, no que desenvolvería o resto da súa carreira futbolística e converténdose nun dos mellores laterais da súa época. Entre os títulos conseguidos co equipo de Milán destacan as dúas Copas de Europa consecutivas (1964 e 1965). Na súa honra o equipo retirou o dorsal número 3.

Coa selección

[editar | editar a fonte]

Debutou coa Selección de fútbol de Italia no ano 1963, disputando un total de 94 encontros e sendo capitán en 70 deles. Na súa traxectoria disputou os Mundiais de fútbol de Inglaterra 1966, México 1970 e Alemaña Federal 1974. Tamén formou parte da selección que se proclamou campioa da Eurocopa de Fútbol Italia 1968.

Trala súa retirada en 1978 exerceu diversos cargos no Inter, dende director técnico ata vicepresidente, finalmente foi escollido presidente do club no ano 2004.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Serie A Inter de Milan Italia Italia 1962/63
Serie A Inter de Milan Italia Italia 1964/65
Serie A Inter de Milan Italia Italia 1965/66
Serie A Inter de Milan Italia Italia 1970/71
Copa de Italia Inter de Milan Italia Italia 1977/78

Títulos internacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Copa de Europa Inter de Milan Italia Italia 1963/64
Copa Intercontinental Inter de Milan Italia Italia 1964
Copa de Europa Inter de Milan Italia Italia 1964/65
Copa Intercontinental Inter de Milan Italia Italia 1965

Coa selección de fútbol

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Eurocopa de Fútbol Selección de fútbol de Italia Italia Italia 1968

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]