Giovanni Gorini
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1941 |
País de nacionalidade | Italiano. |
Educación | Universidade de Padua. |
Q89547790 | Estudos de moeda da Magna Grecia e medalla renacentista. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático |
Premios | |
- (1987): Jeton de Vermeil (SFN). - (2013): Albo d'Onore da SNI). - (2016): Medalla da PTN. | |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC |
Giovanni Gorini, nado en 1941, é un numismático italiano especializado na moeda da Antigüidade e na medalla renacentista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gorini estudou Arqueoloxía e Numismática na Universidade de Padua.[1]
Logo da súa graduación, ingresou no Museo Bottacin, de Padua, como conservador das coleccións numismáticas, posto que ocupou entre 1965 e 1978. Despois exerceu como profesor adxunto e, desde 1991, como catedrático de Numismática Antiga na Universidade de Padua, posto que ocupou ata a súa xubilación en 2011.[1][2][3]
Tamén impartiu docencia como profesor visitante en 1994 no seminario de verán da American Numismatic Society de Nova York; en 1997 na Universidade Estatal Hongo de Toquio; en 1999 na Escola Italiana de Arqueoloxía de Atenas, e en 2001 na Escola de Altos Estudos de París.[1][2]
O seu campo de interse como investigador numismático é a moeda da Magna Grecia, da zona do Adriático e de Cirene, así como os achados monetarios da Antiga Roma no nordeste de Italia. Tamén é un estudoso das figuras de Giovanni da Cavino, un medallista renacentista e falsificador de moedas romanas, e do médico e numismático francés do século XVII Charles Patin,[4] que ensinou na Universidade de Padua[5].[1][2][3]
Paralelamente ao seu desempeño profesional, entre 1980 e 1991 foi editor da Rivista Italiana di Numismatica, en Milán.[1][2] [3]
Entre outras entidades, Giovanni Gorini é membro da Accademia Galileiana, de Padua, e da Academia Pontificia de Arqueoloxía de Roma.[1][2][3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1987): Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática, de París, da que tamén é membro de honra.[1][2][3][6]
- (2013): Inscrición no Albo d'Onore da Sociedade Numismática Italiana.[1][2][3][7]
- (2016): Medalla da Sociedade Numismática Polaca.[1][2]
- Membro de honra do Consello internacional de Numismática.[1][2]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Giovanni Gorini é un autor prolífico. A súa produción bibliográfica ten máis de 500 referencias, entre artigos en revistas especializadas e obras de carácter monográfico.[3] Esta é unha escolma das súas monografías máis salientables:[8][9]
- (1973). Monete romane repubblicane del Museo Bottacin di Padova. Alfieri, Venecia.
- (1975). Monete incuse de la Magna Grecia. Olschki, Florencia.
- (2002). Ritrovamenti monetali nel mondo antico : problemi e metodi. Esedra, Padua. ISBN 9788886413633
- (2005). Il ripostiglio di Enemonzo e la monetazione del Nicoro. Esedra, Padua ISBN 9788886413954
- (2011). Campagna Lupia : studi e ricerche di storia e archeologia. Esedra, Padua. ISBN 9788860580405
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 "Gorini, Giovanni". En Coins Weekly. 8 de novembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Giovanni Gorini". Academia.edu
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Numismatica: Incontriamoci con... Giovanni Gorini". En Giornale di Puglia. 6 de agosto de 2020.
- ↑ Gorini, G. (2016). "La lapide di Charles Patin". In Zampieri, G. La cattedrale di Padova. Archeologia, Storia, Arte, Architettura. Roma. Páxinas 557-566
- ↑ Gorini, G. (1987). "New studies on Giovanni da Cavino". En Pollard, J. Italian Medals. National Gallery of Art, Washington. Páxinas 45-54. ISBN 978-0894681066
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "Albo d'onore Arquivado 26 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". No sitio web da SNI.
- ↑ "Gorini, Giovanni 1941- Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Gorini, Giovanni (1941-)". Persée.