Glacier Express
Aparencia
O Glacier Express é un tren turístico en Suíza que, desde 1930, une Sankt Moritz con Coira, Disentis/Mustér, Andermatt, Brig, Visp e remata en Zermatt, no cantón suízo de Valais. Durante o verán tamén transita un tren paralelo que une Zermatt con Davos.
O primeiro Glacier Express partiu o 25 de xuño de 1930 ás 07:30 horas con 70 pasaxeiros, e chegou a St. Moritz case 11 horas despois. O tren é coñecido tamén como o "expreso máis lento do mundo". Durante 7 horas e media, o tren pasa por 291 pontes, 91 túneles e pasa polo Oberalppass a 2.033 metros sobre o nivel do mar.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en alemán) (en francés) (en inglés) (en italiano)